A PRESENTACIÓN

Entorno envexable

01.05.16.NOGUEIRA DE RAMUIN.LUINTRA.REPORTAXE GRAVACION XORNAL ESCOLAR.
photo_camera Ceip Plurilingüe de Luintra

O CEIP Plurilingüe de Luintra está rodeado dun marabilloso entorno natural, a Ribeira Sacra. 

O CEIP Plurilingüe de Luintra está situado na localidade de Luíntra, no concello de Nogueira de Ramuín dentro dun entorno natural envexable, a Ribeira Sacra. Os alumnos son os mellores guías dos impresionantes espazos naturais cos que conviven.

O centro educativo de Luintra conta con dúas aulas de Educación Infantil e dúas de Educación Primaria onde os estudantes de 1º, 2º e 3º de Primaria están nunha aula e os de 4º, 5º e 6º noutra. Unha delas, tres días á semana, desdóbrase xa que ven unha mestra para ese fin.

No centro dispoñen de aula de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe. A orientadora, vén un día á semana, este servizo é compartido co Ceip Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar.
Os alumnos e alumnas de 6º, 5º e 4º, que este ano comparten clase, traballan co proxecto Abalar.
Son un Centro Plurilingüe, polo que contan cunha auxiliar de conversa para as clases de inglés, que este ano é nativa, chegada do Canadá.

A biblioteca do centro abre no horario de despois de comer e funciona con servizo de préstamo e consulta.
Tamén teñen un pavillón polideportivo, onde o alumnado fai educación física, e tamén ten a utilidade de “salón de actos”, onde se fan as representacións do Festival de Nadal, Festa de Graduación de fin de curso, etcétera…
O centro conta con comedor e cociñeira propios e todo o alumnado fai uso deste servizo. Ana, a cociñeira, é a encargada de preparar sabrosos e saudables menús. Os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria elaboraron os menús dos últimos tres meses deste curso escolar. Anteriormente, traballaron cos mestres para saber facelos dun xeito equilibrado. Os alumnos participan activamente en todas as actividades do centro educativo.

A ANPA do centro está moi implicada e organiza distintas actividades cada curso, ás que poden acudir todos os nenos: reforzo, brico, teatro, cociña, baile e mesmo un mercadillo que celebraron o pasado día 8 con gran éxito.
Hasta hai catro anos tiñan conserxe que coidaba o colexio. Desde que se xubilou José Luis, nótanse máis os arreglos que lle fan falta.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante