A importancia das abellas no mundo
XORNAL ESCOLAR
0 20 de maio conmemorouse o Día Internacional destes polinizadores e desde a Escola Galega de Apicultura organizaron unha xornada de obradoiros didácticos en Allariz, dirixidos especialmente aos escolares
As Nacións Unidas declararon o 20 de maio o Día Mundial da Abella. O obxectivo é principalmente concienciar á sociedade sobre a importancia no medio ambiente das abellas e a súa indispensable contribución tanto á agricultura como á alimentación e biodiversidade. Outro dos obxectivos desta celebración é denunciar as ameazas ás que se enfrontan as abellas na actualidade, entre elas o uso de pesticidas, os incendios ou a chegada de novos inimigos a causa da globalización, como é o caso do tártago asiático, más coñecido como Vespa velutina. Tamén é fundamental a sensibilización ante a necesidade de protexer ás abellas ante estas situacións adversas.
A Escola Galega de Apicultura e as súas entidades integrantes, Asociación Galega de Apicultura, Concello de Allariz e Fundación Ramón González Ferreiro, sumáronse á celebración organizando unha actividade dirixida ao público infantil. O entorno do Festival Internacional de Xardíns de Allariz acolleu esta proposta didáctica e lúdica na que participaron os escolares do CEIP de Xunqueira de Ambía e á que se sumaron as persoas que estaban a visitar os xardíns.
Os nenos participaron en diversos obradoiros que tiñan como finalidade que coñeceran ás abellas e aos polinizadores, que aprenderan a realizar a súa propia casa de insectos e que descubriran a variedade de meles que actualmente temos en Galicia.
Os organizadores da actividade animaron aos participantes na actividade a promover actividades divulgativas sobre as abellas no seu entorno, poñer plantas que máis lles gusten ás abellas nos seus balcóns e hortas, mercar mel e produtos apícolas locais, colocar "hoteis de abellas" onde poden vivir abellas solitarias e tamén outros insectos, evitar o uso de sustancias tóxicas para os insectos e polo tanto tamén para as abellas ou mercar alimentos que non as utilicen.
Os escolares amosáronse encantados coa proposta e como non podía ser doutra maneira, adicaron un bo momento á degustación de mel que lles deixou moi bo sabor de boca desta actividade fóra do centro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ESTILO CON SELLO GALLEGO
La primera dama de Nueva York elige unas originales botas de esta marca gallega