Concurso escolar

¿Por qué se chama a Ribeira Sacra?

xornalescolar_2710_ribeirasacra_01
photo_camera Igrexas e carballos danlle nome á Ribeira Sacra.
O concurso de La Región, que ten aberto o prazo de inscripción ata o domingo, día 31, afonda nunha zona da provincia cun nome que ten orixe nas ordes relixiosas que a habitaron

Seguro que coñeces de sobra a zona da Ribeira Sacra, unha das paisaxes máis espectaculares da provincia de Ourense. Emprazada no norte da nosa provincia e no sur de Lugo, é moi importante o patrimonio natural e relixioso da zona. Pero, sabes por que se chama así? Para comprendelo imos dividilo en dúas partes.

A primeira é “Ribeira”. Neste caso son dúas as versións que foron recollendo os historiadores sobre a orixe. A primeira e máis lóxica é a que fai referencia ós dous ríos, o Miño e o Sil, que bañan a zona. As marxes fluviais son coñecidas como ribeira e de aí podería vir. Porén, hai outras voces que apuntan a que a palabra derivaría do latín “roboyra”, facendo referencia ós carballos que abundan nela. 

O de “Sacra” si que está claro e, neste caso, hai consenso. Son moitos e moi importantes os mosteiros ubicados nos diferentes concellos que forman parte desta comarca e que responderon a importantes ordes relixiosas. Foron eles ademais os que impulsaron o cultivo de vides para facer viño dando lugar a unha industria que hoxe é un importante motor económico da Ribeira Sacra. Pero diso falaremos outro día.

O concurso de La Región de debuxo, redacción e podcast ten aberto o prazo de inscripción ata o domingo, día 31, e recibirá os traballos todo o mes de novembro.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante