COLEXIO RODOLFO NÚÑEZ RODRÍGUEZ DE VILARDEVÓS

Soldados da Paz de Vilardevós

photo_camera Alumnos e profesores do CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez de Vilardevós celebraron por todo o alto o Día da Paz.

todos os días son días de amizade  e bos propósitos no CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez, onde profesorado e alumnado están moi concienciados do importante que é vivir en armonía

O CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez de Vilardevós conta este curso con medio cento de escolares repartidos nas modalidades educativas de Infantil, Primaria e Educación Especial. Seis profesores fixos, 2 itinerantes, unha intérprete e unha cociñeira conforman o grupo de profesionais que se encarga da formación e do coidado deste grupo de alumnos que destacan pola súa implicación nas tarefas que lles propoñen e por ser uns nenos e nenas moi bos e cunha gran nobleza.

Rochi Nóvoa, directora do centro, asegura que todos xuntos, profesores, alumnos e traballadores do centro, conforman un grupo moi unido o que a fai “moi feliz e respaldada en todo momento, tanto polos meus compañeiros como polo Concello, a ANPA e os pais e nais do alumnado". Gracias a esta implicación de todos é posible “facer moitas cousas para os nenos xa que ao ser un centro do rural somos conscientes de que contamos con moitas desvantaxes, pero nós traballamos arreo para que os escolares conten con moitas actividades e participen en todos os proxectos que están nas nosas mans”, engade Nóvoa.

A celebración do Día da Paz é unha das moitas actividades que realizan cada ano no colexio de Vilardevós. As cámaras de Telemiño non quixeron faltar a esta cita e compartir esta xornada festiva que contou con numerosas actividades para conmemorar esta celebración que para a gran familia de Vilardevós "é todos os días, xa que a paz debería celebrarse sempre", comenta Rochi.

Entre as actividades conmemorativas do Día da Paz realizaron un mural xigante coas siluetas dos máis cativos do centro. Os maiores axudaron a facer as siluetas e posteriormente os cativos as pintaron e decoraron. Tamén compartiron a lectura dun poema de Celso Emilio Ferreiro e varias cancións relacionadas coa temática da Paz. Outra das actividades máis curiosas da xornada festiva foi a elaboración de camisetas de papel que colgaron por todo o centro despois de decoralas e engadirlle unha serie de desexos de paz. Todos os escolares acudiron con sombreiros representativos do Día da Paz. Escolleron os propios escolares os sombreiros para representar este día que para todos eles é do máis significativo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma