COMPITE CON CANTABRIA Y BADAJOZ
La ruta de As Olas do Río Mao suma votos para ser el mejor sendero homologado de España 2026
PROXECTO "TRINACIONAL"
Unha delegación de representantes de área transfronteiriza da “tripla fronteira” (Arxentina, Brasil e Uruguai) visitou onte a Deputación para coñecer as boas prácticas da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Raia Seca Gerês-Xurés e implantalas nos seus territorios.
Luis Menor, presidente provincial, e Plácido Álvartez, vicepresidente terceiro, explicaron os pormenores da AECT, unha rede de cooperación entre concellos da Baixa Limia e do norte de Portugal. Menor puxo en valor esta agrupación, unha ferramenta “única, grazas á vontade entre Galicia e Portugal”, en dúas zonas de fronteira que “comparten especialmente lingua e cultura”.
No encontro, os representantes de América Latina amosaron os proxectos que están levando a cabo con países fronteirizos, así como o interese por coñecer o funcionamento en AECT Raia Seca en aspectos como a gobernanza, a cooperación entre municipios e as experiencias sobre o terreo na xestión dunha reserva natural.
A delegación latinoamericana estivo integrada por Maher Jaber, alcalde de Barra do Quaraí (Brasil) e coordinador da estrutura trinacional de cooperación transfronteiriza Comité de Trifrontera, con Monte Caseros (Arxentina) e Bella Unión (Uruguai).
Tamén participaron o uruguaio Daniel Bentancur, coordinador do Comité para el Desarrollo de la Cuenca del Río Uruguay, o arxentino Marcos Follonier, da Secretaría Técnica do Comité para el Desarrollo de la Cuenca del Río Uruguay, e Chema Cruz, coordinador da Iniciativa Global de la Asociación de Regiones Fronterizas Europeas (ARFE).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COMPITE CON CANTABRIA Y BADAJOZ
La ruta de As Olas do Río Mao suma votos para ser el mejor sendero homologado de España 2026
LEGADO PATRIMONIAL
Grou defende a súa memoria
PREVENCIÓN DE INCENDIOS
Alcaldes de Baixa Limia se arman contra el fuego
Lo último
HABLAN LOS PROFESIONALES DEL TRANSPORTE
“Ou parar ou traballar a perdas”: el combustible amenaza al transporte
NUEVO ESPACIO DE ACOGIDA
Galería | El traslado de los migrantes de las playas al puerto de Ceuta, en fotos