ROBOS EN 1 VIVIENDA Y 3 PUNTOS LIMPIOS
Penas mínimas por el “tour” de la chatarra en la Baixa Limia
PROXECTO PILOTO
O programa Fixar.gal, co que a Xunta busca a 60 persoas interesadas en mudarse ao rural galego, conta xa con máis dun centenar de inscritos en pouco máis de 48 horas.
O prazo para inscribirse remata este venres, 5 de xullo, ás 18,00 horas, e os interesados poden escoller entre tres destinos: Anceu (Ponte Caldelas), iSlow (Laxe) e Sende, situado na aldea de Senderiz, na parroquia de San Xes de Vilariño, en Lobeira.
O Goberno autonómico impulsa en Ourense esta iniciativa precisamente a través dun convenio coa Asociación Cultural Sende, co obxectivo de impulsar o emprendemento no rural, atraer traballadores de alta cualificación e nómadas dixitais, para fixar poboación e crear riqueza.
As 20 persoas que escollan vir a Lobeira e sexan seleccionadas neste proxecto piloto iniciarán, nunha primeira fase, unha estadía de 15 días no espazo Sende Coliving, o primeiro creado no rural en toda Europa.
Os seus promotores son a galega María Rodríguez e o serbio Edo Sadikovic, que chegaron a este recuncho do rural ourensán hai xa máis de dez anos.
Segundo Sadikovic, o obxectivo deste programa é o de “fijar población rural a través del Coliving y de la Red de Innovación y Mentorización”. Nese sentido, os participantes mudaranse a estas aldeas galegas con tódolos gastos pagados, incluídos aloxamento, comidas e mentorización.
O responsable de Sende teno claro: “Mucha gente quiere vivir en el rural pero no sabe por dónde empezar”. Tamén hai xente que “marcharon hace un tiempo y ahora quieren volver al pueblo”, engade Sadikovic.
Polo espazo de Coliving de Sende teñen pasado máis de 4.000 persoas de máis de 60 países diferentes ao longo da pasada década. Actualmente consiste nunha rede de casas rurais na aldea de Senderiz dotadas de oficinas e con espazos comúns coma xardíns.
Moitos dos que teñen pasado por Senderiz eran nómadas dixitais, pero tamén familias e xente que simplemente xa non se pode permitir vivir nunha gran cidade. “Tenemos amigos que son artistas increíbles y que viven en Vigo, o en Madrid, o en el resto de Europa, y ya no pueden permitir pagar el alquiler”, conclúe Sadikovic.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ROBOS EN 1 VIVIENDA Y 3 PUNTOS LIMPIOS
Penas mínimas por el “tour” de la chatarra en la Baixa Limia
IMPULSO AL EMPLEO LOCAL
Muíños y Lobios activan empleo del sector servicios
CASI DOS VUELTAS AL MUNDO
Ramiro, el párroco boliviano de los 78.000 kilómetros en la Baixa Limia
VICEPRESIDENTE TERCEIRO DA DEPUTACIÓN
Plácido Álvarez Dobaño, alcalde de Muíños: “Se as administracións apostan polo rural, entón teremos futuro”
Lo último
FALTA DE PRESUPUESTOS
El Gobierno utilizó fondos de la Unión Europea para pagar pensiones
MOVIMIENTO EN EL MERCADO
Los Escribano salen de Indra y venden su 14,3% tras el choque con el Gobierno
CONCENTRACIÓN DE PROTESTA
La moción en Lugo provoca un rifirrafe en el Parlamento de Galicia