POLIDEPORTIVO MUNICIPAL
Bande estrena cubierta sobre su pista de pádel
O Val do Limia acollerá, un ano máis, as homenaxes ás vítimas do fascismo da bisbarra centrándose nesta ocasión no concello de Muíños. O parque forestal Outeiro da Cela, preto do encoro das Conchas, acollerá un evento fixado para o día 17 de setembro ás 17,00 horas e que combinará os recitais poéticos e musicais a cargo de Tres Pés con Xosé Constenla, Leo de Matamá e Roberto Sobrado; Baldo Ramos, Iría Moreiras, Xosé María Álvarez Caccamo, Xurxo Souto ou Anxo Angueira.
Inés Rodríguez será a encargada de dar a benvida e conducir o acto no que falarán familiares das vítimas, un representante do Clube Fontefría así como o presidente do Comité da Memoria Histórica Val do Limia, Carlos Morais, quen será o encargado, ademáis, de dar paso á inauguración solemne do monumento. Ao seu remate, continuará cunha velada de confraternización nas instalacións do Clube Fontefría, amenizada polos músicos.
Constituído no ano 2018, o Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia persigue investigar, recuperar, divulgar e clarificar o ocorrido durante o franquismo en Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños. A través de diferentes accións e nun exercicio de memoria colectiva, pretenden honrar e dignificar a todas aquelas mulleres e homes que, polo seu compromiso social e político coa causa da liberdade e da xustiza social, foron perseguidas, represaliadas e aniquiladas nesa etapa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL
Bande estrena cubierta sobre su pista de pádel
PARQUE NATURAL DE PENEDA-GERÉS
Drama en Lindoso: un bombero herido en un virulento incendio que llega ya a las casas
Lo último