Ramón Alonso: "Apostamos por ter un concello atractivo, pero a AG-31 a Portugal é imprescindible"

Los nuevos alcaldes de la provincia de Ourense

Entrimo é o feudo socialista da Baixa Limia cun alcalde, Ramón Alonso, que afronta a súa sexta lexislatura coa mesma ilusión do primeiro día e mantendo o respaldo da veciñanza, acadando 7 edís, o PP tivo 2

Cal é o segredo?

A maneira de vivilo. Un compromiso que, ao principio, comezas inconscientemente, tes a vocación da política; e, a medida que foron pasando os anos, e da man dunha xente extraordinaria, co afán de seguir traballando para traer o mellor.

E a oposición?

Primeiro darlle a benvida a corporación. Espero que traia unha actitude positiva, que haxa propostas, que estaremos encantados de escoitar. E, pola nosa parte, dispoñibilidade para que exerzan a función de control.

Cales serán os obxectivos?

Arrancamos coa boa nova da concesión dos fondos Next Generation para a recuperación do Casino, un edificio centenario en desuso que poremos en marcha no 2024 para aloxamento e restauración. Otro pulo importante será a creación da nova área fluvial e naútica en Lantemil, que se unirá aos paseos polo río Covas e o que se fixo xa en Pacín. Tamén incidiremos na trasformación enerxética do alumeado, quédanos o 10% para completar a renovación, e antes de que acabe o ano estará constituída a comunidade de enerxética. Tamén seguiremos tecendo e fomentado as actividades e a rede cultural e lúdica ao longo de todo o ano.

E o sector primario?

Foi un acerto apostar pola promoción da cachena, goza de prestixio, é unha raza consolidada. Viuse na festa deste ano a festa, que foi un éxito contra todo prognóstico. Axudamos aos gandeiros a que aposten por esa crianza... e seguiremos.

Cales son as problemáticas?

Os lumes. Non hai unha política de prevención real. Estamos expostos a que chova en épocas de máximo risco e isto cada ano vai ser peor, máis grave a nivel de persoas e bens… Pero os que teñen as competencias insisten neste modelo de extinción suicida… E, por outro lado, a supervivencia ante o envellecemento e perda da poboación. Non hai unha estratexia real de apoio ao rural. Nós apostamos por poñer no escaparate un concello atractivo e traballaremos por facilitar o acceso a vivenda. Pero obras estratéxicas, como a autovía, se nos escapan e son imprescindibles para fixar poboación.

Contenido patrocinado

stats