MUJERES DEL MEDIO RURAL
La banduense Isaura de la Torre, ganadera ejemplar
ENTREVISTA
Apreciar, aprender, reproducir e divulgar a cultura tradicional que atesoura cada peza é o lema de "Toño" González Fernández, o cesteiro do Val, que desenvolve o su labor en Lobeira. É un artesán dos de antes en torno ao cal xira o documental que o verinense con raíces na Baixa Limia Plácido Romero presentará o vindeiro venres no Teatro Principal de Ourense. Toño González é o protagonista escollido por Arraianos Multimedia para facer unha reflexión sobre a realidade do abandono do rural en "Cesteando".
Como xurdiu a idea de protagonizar este documental?
Plácido Romero, o director, máis eu somos amigos dende fai moito tempo. Gústalle isto e percibe o deterioro da cultura tradicional, os ríos contaminados, os montes cheos de silvas e as autoridades obviando o tema do turismo, que é unha das poucas saídas que pode ter o rural. Falamos e xurdiu. Máis que un documental sobre a cestería, é un relato da miña traxectoria dende que saín da Coruña con 21 anos.
Que é a cestería para vostede?
Unha paixón. Empecei nela fai 35 anos. Era a maneira de vivir no monte e tamén tiña algo de tradición familiar, pois o meu pai era cesteiro. Eu xa vivía na aldea e ía buscando cesteiros para aprender a inmensa riqueza da cestería galega. É a máis grande que coñezo, tanto en formas como en modelos. Daquelas empecei o meu labor de investigación, que aínda non acabei, e a miña colección, que fun creando nestes anos e agora o meu obxectivo é que non se perda.
Cal é o seu proxecto?
Agora mesmo teño todas as pezas aquí, no que era a corte das cabras, e algunha tamén na casa. Pero non teño espacio nin tampouco é un lugar acesible. Gustaríame atopar un espazo, un baixo ou unha nave na zona, para expoñer tódalas pezas e explicar o seu uso e procedencia, co obxectivo de amosarllas á xente, sobre todo aos nenos, a nosa cultura, as nosas tradicións, pero sin sair do rural.
E tan difícil é atopar apoios?
Polo visto, si. Eu sei que a xente valora o meu traballo e tiven propostas para levala ás cidades, pero as autoridades non están a favor do tema do campo. Hoxe, cos recortes, está todo parado. O apoio ás iniciativas culturais está parado e máis no campo. Temos que reivindicar que o campo se nutra de actividades culturais porque, aínda que somos menos, tamén somos persoas.
Cantas pezas ten?
Non o sei, quizás 300. O meu campo de investigación é a cesteria da Gallaecia, teño pezas das catro provincias e tamén do norte de Portugal. Algúns cestos son moi antigos, teñen máis de 65 anos e requiren duns tratamentos especiais que aquí non podo darlles, porque non teño a luz eléctrica necesaria para facer o proceso de conservación (a súa vivenda abastécese de paneis solares). Por iso quero abrir unha escola-museo, para darlle un acabado físico e poñelas en valor.
Pódese vivir da cestería?
Para min a cestería é unha paixón, pero non se pode vivir dela, como tampouco se pode vivir de casi ninguna tarefa campesina. Tamén hai que dicir que o oficio de cesteiro foi sempre un complemento á actividade agrícola. Salvo nalgunhas zonas da ribeira do mar ou nas terras do viño, onde se facían moitos cestos, esta era unha labor de inverno que se preparaba para a casa e para algúns veciños, pero non remunerada. E hoxe en día, tampouco. Eu traballei moito en colexios, que é o que máis me gusta e penso que no que mellor deféndome, pero os recortes acabaron con iso.
E aínda que tamén participo nas feiras, tampouco vendo as pezas porque están tiradas. Non se pode competir con China, nin co plástico. É certo que hoxe hai un novo rexurdimento do oficio para a decoración, pero o descoñecemento inmenso dos nosos valores, fai que non se aprecien os traballos. Tamén existe unha tendencia que vén dende América de ver a cestería como disciplina artística. Eu sempre loitei para que a cestería fose tratada como cultura, non como industria. E sigo niso. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MUJERES DEL MEDIO RURAL
La banduense Isaura de la Torre, ganadera ejemplar
PATRIMONIO HISTÓRICO
El Gerês-Xurés acerca su historia a los escolares
COMPITE CON CANTABRIA Y BADAJOZ
La ruta de As Olas do Río Mao suma votos para ser el mejor sendero homologado de España 2026
Lo último
ESTACIÓN DE SAN FRANSCISCO
Ourense asumirá el control de los trenes de alta velocidad a Santiago, hasta ahora gestionados desde Atocha