CRISIS DE ABASTECIMIENTO
Cuatro días sin agua por una avería compleja en Baltar
25 DE ABRIL
A cor vermella dos caraveis volveu tinguir este sábado o país veciño con motivo do 25 de Abril, unha data que conmemora a liberdade trala Revolução dos Cravos que en 1974 puxo fin a preto de medio século de ditaduras e á represión do réxime salazarista.
As cámaras municipais de Montalegre e Chaves, dúas das principais vilas da Raia, organizaron como cada ano unha serie de actos de reinvidicación democrática ao longo da xornada, que contaron coa presenza de multitude de veciños pero tamén dalgúns habitantes dos núcleos galegos fronteirizos.
En Montalegre, un grupo de veciños ourensáns e ata da Mariña lucense presenciaron o izado da bandeira lusa, así como a homenaxe aos militares que combateron por Portugal, coa colocación dunha coroa de flores na “Rotunda do Soldado”. Ademais, houbo unha carreira popular pola liberdade, xogos tradicionais, unha “chega” de bois e un concerto, xa á noite.
En Chaves tamén houbo izado, carreira e música, e a asemblea municipal celebrou unha sesión simbólica que subliñou “a relevancia do 25 de Abril para a construción e consolidación da democracia portuguesa”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRISIS DE ABASTECIMIENTO
Cuatro días sin agua por una avería compleja en Baltar
INCENDIO FORESTAL
Controlado el fuego de Baltar tras arrasar 120 hectáreas de superficie
Lo último
Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
PRIMERA FEDERACIÓN
La UD Ourense busca los primeros puntos del curso