Carta abierta del alcalde de Barbadás y su explicación sobre el caso de acoso: "Todo é falso"
DOCUMENTO COMPLETO
El Concello de Barbadás ha publicado este martes una carta abierta a la ciudadanía en la que el alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, da explicaciones sobre el caso de acoso laboral que estalló después de la denuncia de una militante del PSOE
En diciembre de este año, el alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, fue denunciado por una militante del Partido Socialista de acoso laboral a través del canal interno habilitado por el partido. En la denunica se sostenía que el acoso era una represalia por haber denunciado previamente un caso de acoso sexual contra un exconcejal del Concello.
José Ramón Gómez Besteiro pidió la dimisión de Valcárcel de todos sus cargos, incluyendo el de alcalde, a lo que este se negó en una rueda de prensa. Mantendría así su acta en la Diputación y su cargo como regidor, aunque fuera ya del partido.
Esta es la carta abierta a la ciudadanía, compartida este martes 30 de diciembre, en la que el alcalde da su explicación sobre este supuesto caso de acoso laboral:
"Estimada veciñanza,
Antes de nada, quero pedir desculpas pola situación xerada no noso Concello, da que non me sinto responsable pero da que, responsablemente, me fago cargo.
Precisamente, isto vai de responsabilidades: asumir as propias en lugar de eludilas ou traspasalas, polo que a continuación relatarei algúns feitos que poden axudar a unha mellor composición de lugar. Quero manifestar toda a miña solidariedade e respecto á concelleira que fai ano e medio sufriu un caso de presunto acoso sexual, do que fun coñecedor a través de terceiras persoas e que resolvemos dun xeito áxil, tan pronto se puido, tratando de evitar ao mesmo tempo que afectase á gobernabilidade de Barbadás.
Dito isto, agora gustaríame determe nesta cuestión un pouco máis para aportar contexto ao acontecido.
Segundo a información que se me trasladou no seu momento (estamos a falar de primeiros do mes de agosto do ano pasado, 2024) e que manexo agora, a primeira persoa que tivo coñecemento do presunto caso de acoso foi outra concelleira do goberno que, á súa vez, trasladoullo á entón tenente de alcalde, e finalmente é esta última quen mo comunica a min. O que pretendo con nesta carta aberta é aclarar con transparencia o que eu fixen pensando na vítima e, tamén o recoñezo, na gobernabilidade de Barbadás. Así, tan pronto tiven coñecemento do presunto acoso sexual reuninme coa persoa presuntamente acosada e coa tenente de alcalde.
Despois de escoitala quedei absoluta e totalmente abraiado e sorprendido, por non decir en shock. En canto tomei conciencia da gravidade do asunto a decisión foi a de esixirlle ao concelleiro implicado a súa dimisión e a entrega da acta, feito que se consumou o día 19 de agosto de 2024.
O primeiro obxectivo era afastalo do entorno que compartía coa presunta vítima; o segundo, garantir a gobernabilidade, pois un cese non levaría implícito a entrega da acta de concelleiro.
Como consecuencia da miña intervención neste asunto, do que insisto me enterei por algunhas das concelleiras, pero non directamente pola vítima ata que me reunín con ela, o concelleiro acusado dimitiu e entregou a acta. Acadados os dous obxectivos, din o tema por resolto, respectando en todo momento a intimidade da vítima, o seu anonimato e tamén o dereito a denunciar xudicialmente no caso en que así o decidira.
Pola miña banda, recoñezo que non publicitei o caso, entendendo (e así o sigo pensando) que era a ela a quen lle correspondía facelo se o consideraba necesario. E coido que así o deberon entender tamén o resto de concelleiras do grupo de goberno, pois tampouco o fixeron a pesares de ter a información moito antes ca min.
Quero pensar que tamén prevaleceu nelas o respecto á vítima, á súa intimidade, anonimato e o seu dereito a tomar con total autonomía e liberdade a decisión que considerase máis oportuna.
A miña sorpresa produciuse o pasado martes 16 de decembro, é dicir: ano e medio despois; cando se me acusou de acoso, primeiro, sen ningún tipo de matiz; logo de acoso laboral e por último de encubrir un caso de acoso sexual. No pleno de hoxe, segundo a persoa que actuou como voceira das concelleiras dimitidas, resulta que a denuncia (non presentada) non é por nada do que se me dixera ata hoxe, senón por coaccións. O meu desconcerto, a día de hoxe, volve ser máximo.
A única verdade é que todo é rotundamente falso. Nin acosei nin encubrín nada, nin coaccionei a ninguén. Só fixen o que considerei que tiña que facer.
Seguro que o podía ter xestionado mellor, pido perdón por elo; que podía estar máis preto da vítima durante os meses que estivo de baixa, e descúlpome con ela. Todo o que fixen foi co ánimo de non invadir a súa intimidade. Só a chamei nunha ocasión por teléfono para perdille que asistira a un pleno porque o seu voto era necesario para sacar adiante un tema importante para o Concello, algo que a lexislación considera sempre que é unha obriga de calquera cargo electo.
Pero chegados a este punto, no que se me acusa inxusta e inxustificadamente, tamén lle pido ás persoas que coñeceron o caso moito antes ca min que se pregunten si elas fixeron algo e cómo contribuíron a resolver unha situación que, efectivamente, nos desbordou a todos.
Insisto, polo tanto: non encubrín nada, nin acosei, nin coaccionei a ninguén, só actuei.
Podería telo feito mellor, seguro que tamén, pero fixen moito máis que quen non fixo nada, salvo informarme. E en todo caso, todas as decisións foron finalmente colexiadas. Tamén é rotundamente falsa a acusación de acoso laboral, nin á vítima nin a ningunha das concelleiras que decidiron dimitir.
Neste ano e medio, desde que se produciu o acoso, ningunha foi relegada das súas funcións, ni viu recortadas as súas delegacións nin as súas adicacións exclusivas. Mesmo acabamos de aprobar, con efecto de xaneiro 2026, unha adicación máis para unha das últimas en incorporarse ao goberno. Precisamente, a que substituíu ao concelleiro dimitido.
Entre as competencias de calquera alcalde está a de delegar competencias e tamén a de retiralas. Fixen o primeiro, pero nunca o segundo, porque a confianza nunca se quebrou, o que non quita que en algúns momentos se producisen discrepancias en canto á acción de goberno, como é non só normal, senón san.
Recoñezo que emocionalmente esta situación está sendo un duro golpe para min, amortecido en parte pola gran cantidade de apoios recibidos tanto por parte de quen foron os meus compañeiros e compañeiras de partido durante case 30 anos, como por parte da veciñanza, á que me sigo debendo.
Coido que o que decidiron 2.500 veciños e veciñas desta vila cos seus votos non o poden cambiar 5 persoas. E por iso, eu outros dous concelleiros máis decidimos colexiadamente seguir gobernando pese as dimisións, sen pecharlle as portas ó dialogo a ninguén e, por suposto, falando e negociando a partir de agora con todas persoas que seguen formando parte da Corporación, sen excepción.
Coido que o importante é Barbadás, sacar adiante os moitos proxectos que temos en marcha e rematar o traballo iniciado. Farémolo!
Grazas pola comprensión e reitero, para rematar, as desculpas a unha veciñanza que intúo tan desconcertada como eu mesmo. Aproveito para desexarvos un Feliz Aninovo a todas e todos!
Asdo: Xosé Carlos Valcárcel Doval
Alcalde de Barbadás"
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último