O goberno de Barbadás insta ao PP a liberar a subvención para Sobrado

PLENO

O Concello vese obrigado a descartar o proxecto sen a axuda da Deputación

Pleno de Barbadás.
Pleno de Barbadás. | JOSÉ PAZ.

O salón de plenos do Concello de Barbadás acolleu o pasado luns o pleno correspondiente ao mes de abril. A dita sesión, o grupo popular levou unha moción para que o Concello faga a petición desta axuda, algo que o goberno local aclarou que xa realizara o pasado mes de xaneiro.

A tenente alcalde, Victoria Morenza, explicou que o proxecto se presentou no Pazo Provincial xunto coa ampliación do polideportivo e a reforma do Museo da Gaita. A incorporación desta obra en Sobrado do Bispo ás solicitadas polo Concello de Barbadás á Deputación (vía subvencións nominativas) foi o resultado dunha moción presentada polo PP local so 10 días antes, o día 13 de xaneiro, na que propoñían precisamente que así se fixera e que contou co apoio de toda a Corporación.

Agora Barbadás aspira a manter as tres obras solicitadas, tal e como explicou ironicamente Victoria Morenza: “Barbadás ten tres fillos para enviar á universidade, pero non quere ter que elixir entre so dous”, para o que pediu a axuda do PP local, pois ao final, a decisión última depende da Deputación. O gobenor local instou o PP a mediar coa Deputación para conseguir as tres subvencións e cumprir así co seu compromiso coa veciñanza. “Axude a que o presidente da institución provincial non nos diga que 300.000 euros son moitos para Barbadás”, recalcou o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. A moción do PP foi aprobada onte cos votos a favor dos populares e do BNG.

Por outra banda, o pleno rexeitou a moción presentada polo PP para a creación dunha ordenanza reguladora dos locais sociais. A concelleira de Participación Veciñal, Ana Peleteiro, destacou o bo funcionamento dos locais sociais coas propostas do Concello, das asociacións veciñais e das iniciativas cidadáns. “Dende a concellería estamos a traballar en coordinación coas asociacións, existen unhas normas de funcionamento que se cumpren por todos”, resaltou Peleteiro.

Contenido patrocinado

stats