Novo vehículo para a Policía Local de Barbadás
ADQUISICIÓN
O Concello reafirma o seu compromiso de incorporar un novo axente
A Policía Local de Barbadás estreou onte un novo vehículo trala incorporación dun todo terreo aos equipos da xefatura.
O automóbil, que cumpre cos requisitos medioambientais e de mobilidade, permitirá á Policía Local cubrir espazos urbanos, así como rurais e mesmo zonas de montaña. “Coa incorporación deste vehículo cubrimos unha das importantes carencias deste servizo”, asegurou Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás.
O alcalde e o xefe da Policía Local de Barbadás, Fernando Freire, recibiron onte as chaves do automóbil. Ao acto de entrega tamén acudiron a tenente alcalde, Victoria Morenza; o edil de Seguridade e Emerxencias, Daniel Rey, así como persoal administrativo da Policía Local e integrantes do equipo de Protección Civil.
Novo efectivo
A chegada do novo vehículo supón o inicio do proceso de modernización da Policía Local impulsado polo Concello de Barbadás. “Está prevista a incorporación dun novo efectivo ao longo deste ano”, recordou o rexedor. Con esta futura praza de Policía Local, o municipio contará cun total de sete axentes en activo.
Neste sentido, cabe recordar que o Sindicato Profesional de Policías Municipales de España (SPPME) ten criticado en varias ocasións a de falta de efectivos de Policía Local en Barbadás.
Por outra banda, dende o propio goberno local tamén sinalan que durante os meses de maio e xuño se mellorarán as comunicacións coa rede dixital Tetra, “un grande avance fundamental para que a veciñanza sexa ben atendida”, en palabras de Valcárcel. Por outra banda, o Concello ten solicitado á Xunta de Galicia a entrega dun vehículo neste 2025 a través do Fondo de Compensación Ambiental. “A mellora na Policía Local de Barbadás será completa ao longo deste ano”, remarcou o alcalde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVA CONSTRUCCIÓN
Los concejales no adscritos de Barbadás piden un Auditorio Municipal
BLINDAJE CONTRA EL MACHISMO
El PSdeG de Barbadás reclama una campaña contra la violencia machista
PATRULLA RUTINARIA
Cazado un conductor de 35 años sin carné, sin seguro y sin ITV en A Valenzá
Lo último
EN BUSCA DEL VOTO EXTERIOR
El electorado español en el exterior, terreno de conquista política
LENTITUD BUROCRÁTICA
La odisea de una dentista cubana para ejercer en Ourense
Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre el vagabundeo