ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un atropello deja un herido que tuvo que ser evacuado en A Valenzá
O Concello de Barbadás finaliza a primeira gran actuación do proxecto de rehabilitación do local social de Sobrado do Bispo. O goberno local investiu 151.957 euros na fase inicial da intervención, que incluíu a reforma integral da fachada e dos sistemas de fontanería e iluminación, así como a mellora da accesibilidade.
“Esta actuación está enmarcada no afán do Concello por recuperar edificios emblemáticos para destinalos a un fin social, educativo e cultural”, explica Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. O segundo paso do proxecto consiste na instalación dunha soleira ventilada que protexa o inmoble da humidade e na colocación dun chan de madeira
“O local foi a antiga escola de Sobrado, polo que é un edificio emblemático para a localidade. Este proxecto, por tanto, enmárcase no afán do Concello por recuperar edificios emblemáticos para destinalos a un fin social, educativo e cultural”, engade Valcárcel.
A tenente alcalde e concelleira de Obras, Victoria Morenza, destaca a importancia desta rehabilitación, que converte “un edificio case residual nun local coas condicións óptimas para ser empregado en diferentes actividades”. A fase inicial da actuación incluíu a renovación da cuberta, a substitución parcial da estrutura soporte, o cambio das carpinterías, cámaras e illamento das fachadas e a modernización das instalacións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un atropello deja un herido que tuvo que ser evacuado en A Valenzá
CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO
A Valenzá se llena de cientos de corredores por la III Carreira pola Igualdade en Barbadás