Protección Civil Barbadás estrea equipamento vial
SEGURIDADE VIAL
O equipo de emerxencias de Barbadás recibiu o reforzo na Academia Galega de Seguridade
O equipo de Protección Civil de Barbadás recibiu onte un novo kit de material loxístico de seguridade viaria que facilitará o seu traballo nas emerxencias na estrada. O concelleiro de Emerxencias, Daniel Rey, acompañado polo xefe de Protección Civil, David Corbal, e o voluntario do corpo David Barbosa, acudiron ao acto de entrega do material correspondente á Orde do 22 de xullo de 2024 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.
Este tipo de axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva, “o cal amosa o bo traballo desempeñado polos voluntarios de Protección Civil de Barbadás, que recibe material por décimo ano consecutivo”, sinalan dende o propio goberno local. Este novo kit permitirá realizar intervencións viarias con maior seguridade, non só para os voluntarios da agrupación, senón tamén para os propios condutores e peóns.
O acto de entrega dos equipamentos, realizado na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) na localidade pontevedresa da Estrada, contou ca presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, así como alcaldes, concelleiros e voluntarios das agrupacións adxudicatarias.
O Concello de Barbadás pon en valor o relevante e incesante traballo de Protección Civil, e nesa liña seguirá apostando pola mellora de equipamento, instalacións e vehículos do servizo, tanto con medios propios como solicitando achegas da Xunta de Galicia e demais administracións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REDUCIR BIORRESIDUOS
50 familias de Barbadás se suman al compostaje
ÁREA METROPOLITANA
Arrancan as obras de acceso á Valenzá Vella
RÚA DO AREAL
Alerta por un portal lleno de humo en Barbadás
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas