ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un atropello deja un herido que tuvo que ser evacuado en A Valenzá
OBRAS DE MELLORAS
O Concello de Barbadás avanza coa reforma do entorno do lavadoiro de Santa Uxía, unha actuación que segundo sinalan dende o goberno local suporá unha transformación substancial deste emblemático lugar de lecer. A tenente de alcalde, Victoria Morenza, destacou que esta intervención mellorará notablemente o estado actual do lavadoiro, que presentaba un formigón moi desgastado e un muro en risco de derrubamento, situado xusto no paso da fonte.
A obra, que cun orzamento de 44.391,10 euros, supón “un cambio substancial do entorno do Lavadoiro”, afirma Morenza. “Ata agora tiñamos un formigón moi desgastado, en mal estado, e o muro estaba caendo encima do lugar onde pasaba a xente a coller auga. Agora, convértese nun lugar máis luminoso e máis apetecible”.
A actuación forma parte do Plan de Obras para este ano 2025, que contará cun investimento total de 1,1 millóns de euros. Morenza subliñou que este proxecto reflicte o compromiso do goberno local coa igualdade de atención a todos os núcleos de poboación do municipio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un atropello deja un herido que tuvo que ser evacuado en A Valenzá
CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO
A Valenzá se llena de cientos de corredores por la III Carreira pola Igualdade en Barbadás
Lo último