SUBVENCIONES NOMINATIVAS
Barbadás destina 120.000 euros para entidades locales
tercer mandato
Superado o ecuador do seu terceiro mandato, o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel fai balance destes dous anos e desvela os proxectos futuros do seu equipo de goberno.
Pregunta. Comecemos pola actualidade. O equipo de Goberno deu conta da falta de compromiso da Xunta co financiamento do Servizo de Axuda no Fogar. Como afecta isto as arcas do Concello?
Respuesta. O modelo da Xunta está esgotado. Agora mesmo, a Xunta é o Goberno central aportan uns 12 euros a un servizo que ten un custe de 34,23 euros hora. O Concello de Barbadás achega 436.000 euros a este servizo, case o 60% do custe total, cando non tiña que achegar un céntimo, xa que é de competencia autonómica. Nós non temos capacidade económica para manter esta situación, nin nós nin ningún concello de Galicia. O peor é que xa lle trasladamos esta problemática a Xunta, e lavouse as mans.
P. Falando de cuestións económicas. Os presupostos que veñen de aprobar non son entón suficientes para atender todas as necesidades?
R. As necesidades son sempre ilimitadas e os recursos limitados, polo que é imposible atendelas todas, pero si intentamos que os servizos que se prestan desde o Concello de Barbadás sigan mantendo a súa calidade, e incluso mellorala, e se é posible, crear novos servizos. Pero sí é certo que un Concello como o noso, que ten practicamente 800.000 euros de gasto en servizos que non nos son propios, que lle corresponde financiar a outras administracións, se tivese o financiamento correcto e acaido, podería destinar ese diñeiro a mellorar infraestruturas, dotacións, e esas necesidades, que como dicía antes, son ilimitadas, poderíanse atender mellor.
P. Outro dos temas candentes en Barbadás é o peche nocturno das pistas municipais polo aumento do vandalismo.
R. Esta medida chega para frear unha situación que nos preocupa. Non podemos permitir que infraestruturas deportivas novas, como é a do Paseo dos Amieiros, se convertan en elementos que perturben a convivencia veciñal, como está ocorrendo. A nosa veciñanza ten dereito ao descanso. O Concello non pode permitir que nunha instalación municipal esten berrando ata altas horas da madrugada e que aínda por riba se esnaquice o mobiliario. Isto non é un toque de queda, senón unha medida para que se cumpran as normas mínimas de convivencia veciñal.
P. A Policía Local do municipio leva tempo reclamando efectivos.
R. Nestes momentos contamos con seis efectivos, aos que sumará un máis o ano que ven. É certo que en moitas ocasións poden non ser suficientes, pero tamén é certo que a Policía Local ten atribuídas determinadas funcións e entre elas non está a seguridade cidadá. Polo tanto, eu apelo ao Goberno central a que dote de máis efectivos a Guarda Civil. É certo que nós temos una carencia, pero a necesidade básica está na Guardia Civil. Iso é o que habería que rectificar.
P. Mantén esperanzas en conseguir o Cuartel da Guardia Civil?
R. No caso do cuartel a situación é a seguinte. O tenente coronel, Rafael Berguillo, ofreceunos a posibilidade de que cederamos un terreo propiedade do Concello para a construción do cuartel. Ese terreo está localizado, pero houbo modificacións por parte do promotor. Agora, estamos pendentes de que a Xunta aprobe esas modificacións para retomar o proxecto.
P. Ven se asumir o cargo como deputado provincial. Vostede sempre foi dos máis críticos ca repartición de fondos da Deputación.
R. A Deputación é unha institución que ten que representar por igual a todos os veciños da provincia, pero segue habendo subvencións dixitais. Eu considero que se ten que ampliar a cantidade que vai destinada ao plan CooperOu, para que non haxa tantas carencias no financiamento.
P. Que hai en axenda para o futuro?
R. Temos que afrontar a ampliación do polideportivo municipal e queremos dotar a Barbadás dun polígono empresarial. Tamén seguir potenciando os obradoiros de emprego, neste sentido cabe destacar que só temos un 3,5% de paro, unha das taxas máis baixas da provincia. Creo que prestamos un gran servizo a nosa veciñanza, pero para poder seguir nesta liña, é necesario que a Xunta actualice dunha vez o importe que destina aos concellos, que leva 13 anos na mesma situación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SUBVENCIONES NOMINATIVAS
Barbadás destina 120.000 euros para entidades locales
IMPULSADO POLO CONCELLO DE BARBADÁS
Antes de que as voces calen: a memoria resiste en Barbadás
SIETE FUEGOS DESDE 2020
En busca del incendiario de Barbadás
CORTEJO FÚNEBRE
Queima do Meco: Barbadás declara el alegre duelo por sus mecos
Lo último