REGRESAN DE LONDRES POR EL "SÍ QUIERO"
Alvite, en Beariz, celebra la primera boda civil de toda su historia: "Parece una aldea en mitad de la nada, pero tiene su encanto"
MUSEO DA FARMACIA
Autoestima e identidade, así é a disruptiva “receita” que Galicia Latente desvelou en Doade, Beariz. Galicia Latente presenta unha proposta innovadora centrada no desenvolvemento dos valores identitarios da cultura galega, como recurso esencial para a autoestima e o benestar.
Galicia Latente é unha iniciativa sociocultural, que se apoia en varias ducias de entidades socioculturais, que de forma transversal e sen animo de lucro tenta poñer en valor a identidade da cultura galega. Desenvolven accións para poñer en coñecemento as tradicións, os valores e as formas de vida da sociedade galega.
Para isto utilizan diversas vías e ferramentas e de aí que escolleran a Botica de Doade, en Beariz, como o lugar para a súa primeira presentación na provincia de Ourense. O seu membro fundador, Eduardo Martís, foi o encargado de presentar esta iniciativa que contou coa colaboración do Concello de Beariz e coa asistencia de veciños da contorna.
Segundo Eduardo, escolleron a Botica de Doade para esta presentación “porque tratamos de xogar co simbolismo de preguntarnos se podemos ter boa saúde, sen ter clara a nosa identidade”. Continúa dicindo “que a Botica de Doade, que ten máis de 100 anos, e que tivo todo tipo de recoñecementos no pasado e no presente, pola súa labor cando estivo activa, e pola súa recuperación máis recentemente, mostra que os recursos están aí e simplemente temos que saber recuperalos”.
Nesta mesma liña se pronunciaba Tomás José Sancho, tenente alcalde de Beariz, para falar dos recursos que son importantes e deixan de selo de maneira cíclica. Referíndose nese caso como exemplo, á mina de litio, que durante moitos anos non tiveron interese e que agora pode supor un revulsivo económico para o Concello.
Tomás tamén indicou que “valorizar os nosos recursos tamén supón mirar para outros sectores como o agro gandeiro, que en concellos como o noso con tantas hectáreas sen explotar pode ser un modo moi interesante de vida para a xente do rural”.
Nese sentido, Eduardo Martís anima á sociedade a desfrutar do territorio e aproveitar os seus recursos. Resalta que o anterior, non impide desfrutar da paisaxe e de coidala, así como desfrutar e cuidar patrimonio material e inmaterial do que dispoñemos.
Remata dicindo Martís que o “cóctel identitario que hai que mimar, inclúe cultura local, valores compartidos e idioma, que xunto con todo o anterior, nos fai medrar como sociedade e desfrutar da nosa terra, coidandoa e aproveitando todos e cada un dos seus recursos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REGRESAN DE LONDRES POR EL "SÍ QUIERO"
Alvite, en Beariz, celebra la primera boda civil de toda su historia: "Parece una aldea en mitad de la nada, pero tiene su encanto"
RECUPERACIÓN PATRIMONIAL
Turismo apoyará el proyecto del huerto medicinal de Doade
MUSEO DA FARMACIA
Identidade cultural dende a Botica de Doade en Beariz
ESCENIFICACIÓN ARTESANAL
Miniaturas que esculpen la memoria en la iglesia de Beariz, en Carballiño
Lo último