Boborás aposta por unha educación inclusiva

PRÁCTICAS PEDAGÓXICAS

O CEIP Nosa Señora de Xuvencos é o único centro educativo de Ourense en incorporarse este curso ao programa “Escuelas Visuales”, destinado a actualizar e innovar os métodos educativos.

O colexio de Boborás aplicará ferramentas educativas visuais nas aulas.
O colexio de Boborás aplicará ferramentas educativas visuais nas aulas.

O CEIP Nosa Señora de Xuvencos, en Boborás, sumouse á necesidade actual de renovar e diversificar as prácticas pedagóxicas, o cal se converteu nun dos seus máis firmes obxectivos. Este curso vai ter a oportunidade de avanzar na consecución da súa meta, xa que foi seleccionado como un dos 90 colexios de toda España para formar parte da rede “Escuelas Visuales”, un proxecto que busca favorecer a inclusión educativa a través do uso de ferramentas visuais, tanto a niveis de Infantil como de Primaria.

Xunto con Nosa Señora de Xuvencos hai outros tres centros galegos que participan nesta iniciativa, un por cada provincia. En Boborás xa empezaron a adaptar os seus espazos mediante metodoloxías de ensino baseadas en apoios máis ilustrativos, como horarios visuais e pictogramas, que colocaron tanto docentes como alumnos en diferentes áreas do centro para así promover tamén a participación de toda a comunidade educativa.

A coordinadora do programa no colexio, Iria Bello —especialista de Pedagoxía Terapeútica —afirma que o enfoque de “Escuelas Visuales” reflicte os propios valores educativos do CEIP Nosa Señora de Xuvencos, e sinala que todo o equipo docente se esforzará por “implementar la inclusión al 100% en todas las aulas”.

Transformación necesaria

“Por agora nos está resultando fácil. Ya contábamos en el centro con algunas zonas señalizadas, por exemplo. Lo difícil será trasladar estas ferramentas á dinámica de cada asignatura”, comenta Bello, quen, aínda así, non dubida en que a información visual logra optimizar os procesos de aprendizaxe: “Es más fácil olvidar los contenidos si solo se explican verbalmente. Por eso, las herramientas visuales son un buen apoyo para que los niños aprendan de forma divertida y llevadera”.

Contenido patrocinado

stats