FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
"SAÍR CORRENDO"
O sábado as rúas do Carballiño serán o escenario da actuación “Saír Correndo”, que poñerá o foco na violencia contra as mulleres, implicando ao público e combinando diversidade de xéneros como o teatro, a música ou a danza.
Preto de 50 persoas entre actores, técnicos, músicos e veciños participarán deste novidoso proxecto que chega pola colaboración do Grupo de Teatro de Allariz, que dirixe Ángeles Alvarez, e a Agrupación de Teatro Agromar, da parroquia carballiñesa de Sagra, uníndose a esta iniciativa o grupo de Teatro Dar Trela, e a Banda de Música de Boborás ademais de outros veciños.
Ángeles Álvarez, acompañada do concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e a concelleira de Igualdade, Silvia Baranda, presentou esta iniciativa que definiu como “roteiros de teatro de rúa”, xa que o espectáculo comezará ás 18,30 horas no Templo do Veracruz, pasando por diversos espazos ata chegar á Praza Maior.
Ese percorrido polas rúas irá representando as diferentes fases que atravesa unha relación tóxica que remata en violencia contra a muller, e que se escenifica con textos teatrais, pezas musicais e movemento.
A actividade estaba incluída na programación do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, pero tivo que adiarse polo mal tempo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último