O alcalde Marnotes pide aos funcionarios que falen galego
O CARBALLIÑO
Recórdalles, a través dunha circular, que "usar a nosa lingua no traballo é prioritario e unha obriga"
O alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, emitiu unha circular interna mediante o que insta ós traballadores do Concello a utilizar o idioma galego durante o desenvolvemento dos seus respectivos traballos. Algúns recibiron a circular con sorpresa e outros considérana acertada, o caso é que onte non pasou desapercibida para unha grande parte do persoal municipal.
O rexidor municipal recórdalles deste xeito que "o Concello velará para que a nivel interno e nas actividades en que participe (convenios, consorcios...) a lingua vehicular será a lingua galega", detallando que así está establecido na ordenazan municipal de normalización lingüística deste Concello.
Marnotes declaraba que esta medida non é unha consecuencia de que os traballadores estén relegando ó idioma a un segundo plano, senón que os advirte de que "non se deben relaxar, e teñen que recordar que o uso do galego é prioritario, é a nosa obriga", puntualizou. Así pretende evitar algúns erros como a utilización de carteis ou comunicados en castelán, ó mesmo tempo que se insta a expresarse en galego nos postos de traballo.
"Este compromiso só pode ser efectivo se os trabalaldores colaboran e participan, por iso dende a Alcaldía convídovos a todos a que fagades uso da nosa lingua no desenvolvemento do voso traballo", reza a circular, ó mesmo tempo que lles aconsella recurrir ao persoal do Servizo de Normalización Lingüística no caso de precisalo.
Nese senso, as autoridades municipais insisten en potenciar o uso do idioma, lembrando que no traballo elaborado recentemente polo Instuto Galego de Estadística desvelou que O Carballiño é das zona onde máis se fala. De feito, é a cuarta comarca con máis galegos parlantes. Dende o Concello, e máis en concreto dende o Servizo de Normalización Lingüística, recibiran de xeito positivo esta nova, vendo recompesado o seu traballo destes últimos anos, especialmente entre xóvenes e nenos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga