FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
AUGA
O equipo municipal de goberno de Maside vén de facer un chamamento á responsabilidade e solidariedade da poboación pola grave situación de seca, que está ocasionando un problema severísimo no abastecemento de auga potable . O alcalde, Celso Fernández, asegura que "a baixada drástica dos caudais nos últimos días e a ausencia de chuvias nas previsións metereolóxicas, así como un consumo disparatado, fai que o problema se teña agravado en dimensións tremendamente problemáticas".
Os picos de consumo fóra da normalidade en certos tramos horarios mostran que se está a facer un uso non correcto da auga, "de tal xeito que o consumo diario medio que se está producindo é o que tería unha rede que dese servicio a unha poboación de 10.000 a 12.0000 habitantes, que non é o caso da de Maside, que non chega ós 3.000", comenta o rexedor de Maside. E avisa de que, se continúa esta situación, terá que iniciar de forma inminente cortes progresivos no subministro, iniciándose nos períodos horarios correspondentes a ese consumo excesivo .O Concello advirte que está terminantemente prohibido o uso de auga da rede municipal para regar ou encher piscinas., xa que o uso exclusivo da rede de abastecemento debe ser o doméstico (cociña, lavadora, aseo). Por elo, Celso Fernández pide que a poboación tome conciencia, "pois os ríos Barbantiño e Arenteiro atópanse nunha situación preocupante".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
ENTRADA LIBRE
Acrobacias y malabares para todos los públicos
ANIMACIÓN
Música a través de una discomóvil retro
ENTRADA LIBRE
Música y teatro en A Mezquita