ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
O CARBALLIÑO
A xerencia do Gran Balneario do Carballiño ultima un acordo cunha sociedade de restauración para que se faga cargo da cafetería-restaurante que está prevista no proxecto de reforma e ampliación desta instalación termal, elaborado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto. Así o manifesta o xerente, José Figuera, da familia Quiroga, propietaria deste establecemento situado nunha ampla propiedade á beira das ribeiras do Arenteiro e no mesmo casco urbano da vila, quen asegura que este proxecto conta xa con todos os trámites administrativos para proceder a súa execución, e que, neste sentido, amosa a súa satisfacción por ter conseguido o apoio do concello na modificación puntual do plan de urbanismo (PXOM) que facilitou os cambios que se precisaban para a realización desta reforma.
A modificación aprobada permitiu que a edificabilidade que figuraba na parte superior da parcela que dá á avenida do Balneario pasase ao espazo que vai ser ocupado pola cafetería-resturante, na zona do mirador do río Arenteiro, e pola piscina con cúpula acristalada, que está previsto situar nun espazo lateral do balneario, e que é un dos elementos máis icónicos do proxecto de Gallego Jorreto.
Tanto por esto como pola colaboración e defensa do proxecto ante as demais administracións públicas, como a Xunta de Galicia e a Deputación provincial, José Figuera expresa o seu agradecemento ao alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.
Non obstante, o xerente do Gran Balneario non ofrece de momento datas concretas do posible comezo das obras, pois ademais do peche deste acordo para a construción e explotación da cafetería-restaurante, aínda queda por fraguarse a sinatura definitiva dos administradores encargados da xestión do patrimonio dos Quiroga, que deben ceñirse á viabilidade económica do proxecto.
Según José Figuera, a prioridade é construir a piscina e a cafetería-
restaurante, así como realizar algunhas melloras nos servizos termais que presta o balneario.
En todo caso, manifesta que espera resolver o máis axiña posible as cuestións pendentes para que a reforma e ampliación do Gran Balneario do Carballiño poda comezar a executarse nos próximos meses.
Mínima intervención na obra de Gulías
O arquitecto carballiñés, Manuel Gallego Jorreto, Premio Nacional de Arquitectura e Medalla de Ouro de Arquitectura, entre moitos outros galardóns, deseñou un proxecto para o Gran Balneario do Carballiño que inclúe a construción dunha gran piscina termal cunha cúpula piramidal acristalada, que vai estar situada á beira do edificio da Casa de Baños, e unha cafetería-restaurante, tamén acristalada, que se ubicará na zona do mirador do río Arenteiro, como elementos máis significativos do proxecto.
A reforma prevista no Gran Balneario protexe os edificios históricos, que son a Casa de Baños e a Fonte. Na casa de Baños, edificio deseñado polo arquitecto Váquez Gulías a finais do século XIX, e que o propio Gallego Jorreto inclúe entre unha das súas mellores obras, só se abrirá unha porta lateral para comunicar o balneario coa nova piscina acristalada, desde a que se verá a fervenza do río Arenteiro. A cafetería-restaurante tamén terá unhas vistas privilexiadas tanto á fervenza do río como á contorna natural do balneario. O proxecto de Manuel Gallego Jorreto contempla tamén a construción de tres pequenas piscinas exteriores, aínda que non se acometerán nesta fase. O orzamento ronda os 3,4 millóns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
64 AÑOS DE HISTORIA
La Festa do Pulpo unirá Carballiño y Lanzarote
OTERO PEDRAYO
Homenaxe á Xeración Nós na Insua dos Poetas
Lo último