Unha andaina axudará ós carballiñeses a coñecer a paisaxe do Camiño dos Arrieiros
Os departamentos municipais de Servizos Sociais, Sanidade e Deportes do Carballiño organizan o vindeiro domingo un roteiro polo Camiño dos Arrieiros. Esta xornada de lecer denomínase I Andaina Saudable, e ten coma obxectivos o fomento da actividade física entre xoves e maiores e o coñecemento de lugares e paisaxes de gran beleza que temos no municipio, sinalou a concelleira de Sanidade, Asunción Rivero.
A marcha partirá ás 10.00 horas da Praza Maior da vila para percorrer unha distancia de 12 quilómetros polas parroquias de Sagra, Partovia e Mesego, seguindo o antigo roteiro dos arrieiros e cunha parada para descansar na metade do itinerario. Os participantes serán guiados por un xove de Partovia, Víctor Tato, e recibirán froita, auga e refrescos para recuperar forzas, aínda que a dificultade orográfica non é alta.
Asunción Rivero adiantou que cara o futuro, tentaremos ampliar este percorrido a outras zonas do Camiño dos Arrieiros coma é o caso de Barón, unha vez estemos mellor entrenados, e agradeceu a colaboración das empresas Begano e Eroski.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último