PREMIO DA NOVELA DE GALIZA RURAL
Óscar Reboiras presentou a súa obra “El caso Salgueiro”
A Festa do Pulpo farase aínda máis grande nesta 61 edición. Despois de estrear a súa internacionalización, este verán potenciarase dentro da Ruta Xacobea coa dedicación da celebración ao Camiño Miñoto Ribeiro. Trátase dun dos percorridos máis antigos que enlazaban o norte de Portugal con Santiago de Compostela.
Precisamente, na capital de Galicia, punto final do Camiño Miñoto, terá lugar a presentación oficial da Festa do Pulpo, prevista para o próximo 4 de agosto e coa Praza do Toural como escenario.
A programación arrancará o luns coa Semana Grande para Pequenos, na Praza da Veracruz, e que ofrecerá obradoiros, inchables e ata unha festa da espuma. Os máis pequenos poderán desfrutar das actividades en horario de 19,00 a 21,00 horas.
Outro dos pratos fortes da programación será, como é tradición, a elaboración da tapa máis grande do mundo, o día 8 de agosto. Intentarase bater un novo récord con 580 quilos de pulpo e para a súa elaboración empregaranse 45 litros de aceite, 5 quilos de sal e 2 de pimentón.
O Concurso de Camisetas, previsto para o 12 de agosto, contará con animación DJ, a partir das 18,00 horas.
A gran comida de exaltación do pulpo á feira terá lugar no Parque Municipal, o 13 de agosto e unha das novidades desta edición será a recuperación da música tradicional cos concertos Son do Pulpo, a cargo de Coribantes de Buchabade e Ardentía. A música será protagonista todos os días de celebración, con concertos e charangas.
Despois da apertura da programación destas dúas intensas semanas no Carballiño, e que será o 31 de xullo coa Semana Grande para Pequenos que se prolongará ata o 3 de agosto, ao día seguinte, 4 de agosto, terá lugar a Andaina nocturna aos petroglifos de Cangues (O Irixo), con saída do local da Asociación de Veciños de Madarnás, ás 22,00 horas, organizada e guiada polo Centro de Estudos Chamoso Lamas.
Entre os días 4 e 6 celebrarase a Feira Medieval A Liorta, de 11,00 ás 23,30 horas cada xornada, na que se ofrecerá ademais dun mercado medieval numerosos espectáculos teatrais, de cetrería, lume e música polas rúas e prazas da vila.
O 5 e 7 de agosto, Música Feito no Carballiño co Sueño de Ítaca, na Alameda, ás 20,30 horas, o primeiro día; e con Marta e Sergio Tanús, na Praza Maior, ás 20,30 horas, o segundo.
O 8 de agosto terá lugar unha das actividades máis esperadas polos carballiñeses e visitantes e que consiste na elaboración da tapa de pulpo máis grande do mundo, na Praza Maior, contando coa colaboración da Asociación de Pulpeiros de Carballiño-Arcos.
Ao día seguinte concerto de pop rock, con Soul & Roll, tamén na Praza Maior, ás 20,30 horas e para o 10 de agosto está previsto o Festival Folclórico Internacional, na Praza Maior, ás 22,30 horas.
O programa tamén contempla un torneo de fútbol Festa do Pulpo o día 11, que enfrentará ao CD Arenteiro co Lugo, no Campo de Espiñedo, ás 19.30 horas.Nesa xornada haberá animación na rúa a cargo da Charanga Mekánica Rolling Banda, a partir das 20,00 horas.
Outra das actividades de gran éxito, sobre todo entre os mozos, será na víspera da Festa do Pulpo, co Concurso de camisetas, no que participan numerosas pandillas, e con animación de Dj’s, na Praza Maior, a patir das 18,00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO DA NOVELA DE GALIZA RURAL
Óscar Reboiras presentou a súa obra “El caso Salgueiro”
UN ESPACIO PARA REUNIRSE
El Concello de Piñor licitó el bar municipal
EVENTOS NAVIDEÑOS
La solidaridad llegará a Carballiño sobre ruedas
COMUNIDAD EN EL RURAL
Feás: cerró el bar, pero ahora hay un local social
Lo último