Avantar lanza un novo Roteiro Manuel María en O Carballiño
EVENTO CULTURAL
Un percorrido literario e musical para celebrar medio século de historia.
A Agrupación Cultural Avantar pechará a programación dedicada ao seu 50 aniversario cunha nova edición do Roteiro Manuel María, que terá lugar o domingo 12 de xaneiro, con saída ás 11,30 horas dende o anfiteatro da Praza da Veracruz.
Este será o punto de inicio dun percorrido pola vila do Arenteiro seguindo as placas que recollen a obra do Cantigueiro do Orcellón de Manuel María, no cal o poeta chairego reflicte o seu sólido e agaramiso vencello coa vila ó longo da súa vida.
Avantar deseña cada ano un roteiro dirixido aos alumnos dos centros escolares da vila, a fin de achegar a estudantes e profesores á obra literaria do escritor. Nesta ocasión, segundo explican dende o colectivo, o roteiro diríxese ao público adulto, e no mesmo a música e a lectura constituirán o eixo central da actividade.
O evento contará coa presenza de membros da Fundación-Casa Museo Manuel María así coma veciños do Carballiño que tiveron relación co autor e tiveron grande influenza na obra Cantigueiro do Orcellón.
Así, da man dun arrieiro, os participantes nesta actividade poderán percorrer os distintos fito-poemas que fan referencia ás localizacións recollidas na obra. O roteiro rematará na Fonte de Flores e, deseguido, realizarase unha interpretación musicalizada de poemas do escritor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
Fernando Ramos
Bildu es ya el más firme apoyo de Sánchez
EDUCACIÓN VIARIA
Os nenos de Barbadás presumen de bicicleta
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Playa de Ríos en Vigo
MÁS DEPORTES
Un paseo en bicicleta por la Ribeira Sacra