Banda da Loba presenta o seu quinto traballo “Lovismo”
CULTURA
O Auditorio do Carballiño acollerá o 22 de febreiro, ás 20,00 horas, a presentación de "Lovismo"
Banda da Loba ofrecerá no Carballiño o próximo mes de febreiro o seu primeiro concerto na provincia de Ourense na xira de presentación do seu quinto traballo, “Lovismo”.
O concelleiro de Cultura, Diego Fernández subliñou que “a actuación coincidirá na víspera do Día de Rosalía de Castro, cun grupo de cinco mulleres que cantan en galego e defenden a cultura galega”. Andrea Porto, baixista do grupo, adiantou que “Lovismo” xira en torno a temática do amor “en todas as vertentes, das amigas, das parellas, das fillas e do amor a unha mesma, cunha visión dende o feminismo e a sororidade”.
No repertorio inclúese unha canción baseada nun poema de Rosalía de Castro “no que a poeta xa no século XIX abordaba cuestións como o pracer nas mulleres”. O concerto terá lugar no Auditorio o 22 de febreiro, ás 20,00 horas, e o prezo da entrada será de 10 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto