O BNG do Carballiño renova o Consello Local
O consello local do BNG do Carballiño busca ter voz propia, aumentar a militancia e a presenza institucional na comarca
O BNG ven de renovar o seu consello local, con Manuel Chan ao fronte, tras recibir a súa candidatura o apoio da militancia na asamblea celebrada en decembro.
Na presentación da nova dirección partipou o responsable comarcal, Sarín Nuñez, e a responsable de organización, Lucía López, así como o resto de integrantes do Consello, que segundo Chan “compaxina experiencia e renovación e pon en valor a súa militancia”, contando con veteranos como Áurea Francisco, Eladino Cabanelas e María Elvira Fernández, xunto a militantes de base como Manuel Caíña, ou Manuel Freixedo, de Galiza Nova.
O responsable local salientou entre os obxectivos “fornecer a organización na comarca e aumentar e consolidar a militancia na busca dunha organización política forte, que ilusione os veciños, a fin de lograr maior presenza institucional nos concellos”.
A única concelleira do BNG no Carballiño, Sofía García, non forma parte da nova dirección, algo que Chan xustificou “porque queremos repartir funcións e que non caiga todo o peso nunha soa persoa, e que a organización local teña voz propia”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
solicitudes de Vox e Iustitia Europea
El Supremo rechaza suspender el voto de los hijos de nacionalizados por la ley de nietos en las elecciones del 29-N