Cabanelas repartirá 400 litros de tinto na Festa do Viño Novo
CELEBRACIÓN
O Concello do Carballiño porá a disposición das persoas que queiran acudir a este evento e non desexen levar o seu coche, un servizo de microbús gratuito, que sairá da Praza Maior
A XIX Festa do Viño Novo de Cabanelas, que se celebrará o próximo 20 de novembro, porá a disposición dos visitantes 400 litros de tinto desta derradeira colleita. O evento presentouse hoxe na adega de Emilio Vázquez, que ten máis de 300 anos de antigüidade e que é un claro exemplo da relevancia histórica desta parroquia do Carballiño no cultivo das vides e na elaboración do viño, en especial do viño tinto, que é o principal referente da zona. O programa inclúe animación musical, coa charanga Castro Bello, e, sobre todo, a degustación de pulpo, carne ao caldeiro, chourizos con cachelos, castañas e viño novo de Cabanelas. O xantar está previsto para as 14,00 horas, pero tamén se poderá degustar este mesmo menú a partir das 18,30 horas ata a noite.
O Concello do Carballiño porá a disposición das persoas que queiran acudir a este evento e non desexen levar o seu coche, un servizo de microbús gratuito, que sairá da Praza Maior, cada hora entre as 11,00 e as 14,00 horas, e entre as 16,00 e 19,00 horas. Segundo dixeron os colleiteiros, a produción esta tempada baixou un 50%, recolléndose en toda a parroquia uns 30.000 litros de viño. Pero, a cambio, aseguraron que a calidade do viño era moi boa. E por esta mesma razón animaron a todos a asistir á festa e degustar este viño novo que, tal e como se amosou durante a presentación, é natural cen por cen.
Ao acto asistieron o alcalde, Francisco Fumega e os concelleiros de Turismo, Manuel Dacal, e de Medio Rural, Rosario González, ademáis do mantenedor da festa, Delfín Borrajo, e colleiteiros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
Fernando Ramos
Las ministras visitadoras niegan la realidad de Ceuta
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Os libros non son para o verán
CAMPEONATO EN ITALIA
El Mundial espera a los ourensanos
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade