O Camiño de Nós reuniu no Irixo 112 camiñantes
Realizaron a cuarta etapa do roteiro de 17 quilómetros ata Vilatuxe
Un total de 112 camiñantes participaron no Camiño a Santiago da Xeración Nós, concretamente na cuarta etapa que se desenvolveu este domingo pasado. Foron algo máis de 17 quilómetros que realizaron, partindo da ponte de O Irixo e continuando o trazado ata Vilatuxe, seguindo o percorrido dos sete galeguistas de Ourense no ano 1926. Xavier Pardo Bedia publicou as crónicas das experiencias que viviron ao longo da ruta na Nosa Terra, e que agora figuran xa nun libro.
A Xavier Pardo Bedia sumáronse Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Afonso Vázquez Monxardín, Lois Feixoo, Florentino López Cuevillas e Antón Sánchez.
Esta cuarta etapa desta ruta cultural estivo organizada polos concellos do Irixo e Lalín, polos que transcurre, xunto con outras entidades como Roteiros, Obradoiros de Emprego de Galicia e a Fundación Insua dos Poetas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último