O Carballiño volve unir Galicia e Portugal co seu festival de música coral
CONCIERTO
O concerto da Coral do Casino de O Carballiño, dedicado a América, terá tres partes
O auditorio Manuel María da vila do Arenteiro acollerá este sábado, a partir das 20,00 horas, a XLI edición do Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral, unha cita moi arraigada no calendario cultural do Carballiño, e que conta coa organización e participación da Coral Polifónica do Casino do Carballiño, xunto co apoio do Concello.
Nesta nova edición do Festival, que conta con entrada libre, participan acompañando á agrupación local a Coral Santa María, de Oleiros, así como o Grupo Coral da Gaia, procedente de Santa Maria da Feira, na localidade lusa de Espinho.
A presentación deste evento tivo lugar onte na sala de plenos da casa consistorial do Carballiño, coa presenza do concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e de José Antonio Barje e Xaime González, membro da directiva e director da Coral Polifónica do Casino do Carballiño, respectivamente.
Fernández reivindicou o festival como “unha das grandes citas musicais de carácter internacional que temos no país, e é un orgullo contar en cada edición coa selección que fai a nosa Coral”.
O director da Coral do Carballiño, Xaime González, salientou que as dúas corais convidadas ao concerto “son dúas agrupacións moi profesionais que farán pasar un bo rato a todos”. Pola parte do grupo que dirixe, González desvelou que a súa actuación será “unha viaxe, xa que o concerto estará dedicado a América, que é unha débeda que tiñamos”.
González Pichel adiantou que o concerto constará de “tres andamentos”, que terán que ver coa emigración ao continente americano seguindo o fío dun emigrante do Ribeiro, “dende a súa viaxe física, pasando pola mental e o desapego”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DAÑOS EN VEHÍCULOS
Investigan el lanzamiento de piedras a coches desde un puente de la OU-504
DECIMOSEXTA EDICIÓN
Aspectos a tener en cuenta en el Rally do Lacón
URBANISMO Y MEJORAS
Carballiño avanza en su plan de mejora de limpieza de rúas
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 22 de marzo
BORRASCA THERESE
Ourense registra este domingo la temperatura máxima de España