Carlos Ledo asume a dirección do Festival carballiñés de teatro
Cultura
A actriz Josi Lage, que se despediu no pasado 30 aniversario, continuará como programadora artística
A Asociación cultural Fetega daba a coñecer onte o relevo na dirección do Festival de Teatro Galego Celso Parada. O carballiñés Carlos Ledo substitúe á actriz Josi Lage, que se despediu no pasado 30 aniversario e que continuará como programadora artística.
Ledo cumpre o perfil buscado para a dirección, "un profesional con ilusión renovadora pero sen perder a esencia actual, cunha visión de xestión porque o evento ten que ser sostible, un perfil conciliador libre de afiliacións políticas, e que mantén as raíces do Carballiño pero cunha visión xeográfica moi ampla", subliñaba o colectivo nun comunicado.
O novo director declaraba que " é unha responsabilidade grande e apaixonante especialmente para min, que lembro os inicios cando nin sequera se levaba aínda a palabra Festival", á vez que subliñaba que é "un privilexio" formar parte do equipo do Fetega.
En canto ao papel que xoga o evento organizado desde hai trinta anos desde o Carballiño, Ledo destacou que se trata dun patrimonio galego radicado na vila. "Tócanos manter sempre un alto estándar de calidade que compañías e profesionais recoñecen", matizou.
Pola súa banda, Lage, dixo que " é un momento emocionante, foron moitos anos nos que fun moi feliz, e onde houbo tamén suor e bágoas".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
Lalo Pavón
O AFIADOR
Xa non nos queda Portugal
José Luis Fernández Carnicero
MI PLAN PERFECTO
Lembranzas en Catalunya