O Chamoso Lamas dirixirá dous roteiros centrados na escritora Emilia Pardo Bazán
ACTIVIDADES
O primeiro deles terá lugar o próximo 27 de maio a partir das 16,30 horas
O Centro de Estudios Chamoso Lamas, en colaboración co Concello do Carballiño, programa para o próximo 27 de maio un roteiro sobre Emilia Pardo Bazán. Desenvolverase a partir das 16,30 horas, cunha duración aproximada de tres horas e media, por Banga e Cabanelas.
O programa inclúe unha visita guiada ao pazo dos Quiroga en Banga e á igrexa de Santa Baia, para continuar despois a andaina por Cima de Vila ata Cabanelas. Alí visitaranse diversos lugares de interese, como a Casa das Caras e despois o pazo dos Quiroga, para rematar na sede do Centro de Estudios Chamoso Lamas, na Casa da Bexanca, onde se proxectará un documental sobre Emilia Pardo Bazán, e se levará a cabo unha tertulia con persoas expertas na súa obra, sobre todo no tocante á súa relación con Banga, Cabanelas e O Carballiño, que a escritora deixou reflexado na novela "El Cisne de Vilamorta" (1885).
O punto de encontro será ás 16,30 horas fronte á escola de Banga, por ser a zona con espazo de aparcadoiro. O itinerario empez no Pazo dos Quiroga de Banga, igrexa de Santa Baia, Cima de Vila, Cabanelas, Pazo dos Quiroga e Casa da Bexanca. O recorrido é duns 3,5 quilómetros, aproximadamente, de ida, e outros tantos de volta. Para o próximo mes de xuño está prevista outra ruta, neste caso urbana, seguindo os escenarios do "El Cisne de Vilamorta".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
EL 4 DE OCTUBRE
El Día de la Bici alcanza su 30 edición en Ribadavia
Afonso Vázquez-Monxardín
Sahara, fixémolo mal?
JURADO PROFESIONAL
Las Xornadas de Carne de Boi se disfrutarán en 22 locales alaricanos
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Pregúntele a Vivas