FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
EDUCACIóN
O proxecto "O Carballiño en Europa", realizado polo do Instituto Manuel Chamoso Lamas, foi seleccionado dentro do programa Erasmus para realizar prácticas no estranxeiro. Contará con nove mobilidades para o curso 2015/16, sendo o único centro da provincia con proxecto propio no devandito programa comunitario, non necesitando polo tanto participar no Consorcio da Xunta de Galicia para ofertar tales mobilidades. Só 18 centros educativos de Galicia foron elexidos directamente pola Sepie (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación), e entre eles o IES Chamoso Lamas foi o único de Ourense que terá mobilidades para prácticas tanto nos Ciclos Medios como Superiores.
Tamén o vindeiro ano, este centro levará a cabo un proxecto no marco do Programa E-twinning, coa Escola Profissional de Braga, para que alumnos de Administrativo de ambos centros coñezan a través dunha aula virtual as diferencias e semellanzas entre os sistemas fiscais, contables e laborais de España e Portugal.
Nestes últimos tres anos, ata 12 alumnos de Administración, Electromecánica de vehículos e Electricidade fixeron mobilidades de case tres meses en Italia , Portugal e Malta. Esta experiencia permitiúlles mellorar as súas competencia profesionais en empresas doutros países cun impacto favorable na súa empregabilidade, así como coñecer unha lingua estranxeira, outra cultura e facer amistade con xente doutros países.
Ademais da ESO, Bacharelato, e Formación Profesional, o instituto conta cunha amplia oferta educativa, entre outras, en horario nocturno para adultos, hai a posibilidade de obter o título de graduado en ESO en dous anos académicos e a opción de Bacharelato, en modalidade semipresencial, xunto coa alternativa de facer a matrícula por asignaturas soltas. Tamén dispón dunha sección bilingüe autorizada para os cursos da ESO, á vez que é Sección Delegada da Escola Oficial de Idiomas de Ourense, na que se poden cursar os seis niveis oficialmente recoñecidos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
La Región
Unos pocos ganan, muchos pierden
JUVENTUD Y CULTURA INTERNACIONAL
Ribadavia acoge un grupo de voluntariado internacional
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Avia
+ DEPORTE
Allariz se mueve a ritmo de zumba