O Concello de Carballiño grava un vídeo para celebrar o Día de Rosalía
Na gravación participarán todas as asociacións culturais do Carballiño recitando un poema
O departamento de Política Lingüística do Carballiño promove a gravación dun vídeo para celebrar o Dia de Rosalía de Castro, o próximo 23 de este mes de febreiro. No vídeo participan todas as asociacións culturais do Carballiño, que desde esta concellería poideron localizar, recitando un párrofo dun dos poemas da escritora, rematando a gravación coa concelleira responsable deste departamento, Silvia Baranda.
O obxectivo consiste en publicar a través das redes sociais e outros medios a grabación, na que as autoridades municipais instan á poboación a celebrar o Día de Rosalía de Castro regalando un libro de algún escritor galego e unha flor.
O Concello do Carballiño tamén está ultimando nestes días a celebración dos 150 anos do nacemento do arquitecto da Igrexa da Veracruz, Antonio Palacios, cun amplo programa de actividades, que inclúe charlas, publicación, entre outras, e nas que se pretende implicar nunha gran parte delas aos distintos centros educativos de Carballiño. O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, declaraba que en próximos días pecharase a programación que se fará pública.
Con motivo desta celebración, o Instituto de Estudios Carballiñeses tamén fará a presentación dun libro sobre a vida e obra de Antonio Palacios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima