Un concerto lembrou a figura de Juan Corral
O presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, foi o encargado de pronunciar o discurso sobre a figura de Corral, que foi profesor de varias xeracións de estudantes de Carballiño e comarca
O Carballiño acolleu onte pola tarde unha homenaxe a un dos seus veciños ilustres: Juan Corral e á súa dona Matilde. A Banda Unión Musical de Valladares foi a encargada de amenizar o acto cun concerto extraordinario, dentro duns actos que se celebraron coincidindo co aniversario da colocación dun monolito na praza da rúa que leva o seu nome. Entre outras persoas, no acto estaba Juan Corral, fillo do homenaxeado e o alcalde, Francisco Fumega. O presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, foi o encargado de pronunciar o discurso sobre a figura de Corral, que foi profesor de varias xeracións de estudantes de Carballiño e comarca.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
ESTACIÓN DE SAN FRANSCISCO
Ourense asumirá el control de los trenes de alta velocidad a Santiago, hasta ahora gestionados desde Atocha