FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
ACTIVIDADES NAVIDEÑAS
O Concello do Carballiño convoca o Concurso de Decoración de Nadal 2024, cuxas bases vén de publicar o Boletín Oficial da Provincia. Poderán participar todos os establecementos comerciais e hosteleiros da vila, sen distinción por razón da súa actividade ou titular.
O importe asignado no orzamento municipal a esta finalidade ascende a 900 euros, establecéndose tres premios para a mellor decoración nos comercios; sendo o primeiro de 200 euros, o segundo de 150 euros e un terceiro de 100 euros. Nos establecementos de hostalaría otorgaránse tres premios, tamén de 200 euros para o gañador, 150 para o segundo e 100 euros para o terceiro.
As inscricións deberán formalizarse por escrito na sede electrónica do Concello www.carballino.gal, ou ben de forma presencial no rexistro municipal ata ás 12,00 horas do 13 de decembro.
O Boletín Oficial da Provincia ven de publicar tamén a convocatoria das axudas a Asociacións de Veciños, que deberán estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de asociacións da Xunta e do Concello, con domicilio social no municipio.
As entidades que soliciten a subvención poderán percibir ata un máximo de 1.000 euros para gastos de investimento e ata 600 euros para gastos correntes e de funcionamento. As asociacións deberán cubrir a correspondente solicitude mediante modelo normalizado que se facilitará na Área de Medio Rural do Concello do Carballiño, e presentala en rexistro antes do 19 de decembro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano