A Cooperativa Santa Mariña de Loureiro celebra os seus 50 anos
ANIVERSARIO
A festa terá lugar este sábado no campo da festa da parroquia de Loureiro.
A Cooperativa Santa Mariña de Loureiro, en O Irixo, dedicada ao envasado de leite e elaboración de derivados, celebra mañá o seu 50 aniversario, contando coa presenza de máis de 200 veciños e traballadores que asistirán a unha misa e posteriormente a un xantar. A primeira xunta provisional da cooperativa foi creada o 19 de setembro de 1966, sendo o impulsor e primeiro presidente da mesma Antonio Gonzalez Bernárdez (sacerdote na parroquia de Loureiro). Tres meses despois o Ministerio de Traballo aprobaba a inscrición da mesma no rexistro nacional.
No ano 1976 a cooperativa adquire a primeira pasteurizadora e obtén o título de Central Leiteira. En 1988 iníciase a produción da fábrica de queixos, máis tarde a de iogures e por último en 1999 consegue fabricar o primeiro kéfir galego.
En toda a súa traxectoria, a cooperativa recibiu diversos galardóns e recoñecementos. Actualmente segue innovando e ampliando o seu mercado, actuando como elemento dinamizador da parroquia.
A festa terá lugar este sábado no campo da festa da parroquia de Loureiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último