Dezaoito películas, curtas, talleres, gala e unha exposición conforman as Xociviga
audiovisual
As proxeccións repártense en cinco seccións, de cine infantil, europeo, galego, portugués e venezolano
Dezaoito películas repartidas en cinco seccións (cine infantil, cine europeo, cine galego, cine portugués e cine venezolano), unha vintena de curtametraxes, dous talleres de formación e unha exposición sobre a traxectoria do Cine Club Carballiño, conforman o programa das Xociviga deste ano, que comeza o próximo domingo, 28 de xullo, coa proxección na Praza Maior, ás 22,30 horas, da película "Sempre Xonxa", de Chano Piñeiro, con motivo da celebración do seu 30 aniversario, prolongándose a programación ata o día 2 de agosto. O coordinador das xornadas, Carlos Rodríguez, sinalou que esta 36 edición ten un significado especial por coincidir cos 50 anos da creación de Cine Club Carballiño.
Tamén haberá unha gala inaugural do certame, na que se entregarán os premios Xociviga de Honra, que recibirá a actriz Luisa Merelas; a Insignia de Ouro e un premio especial de Honra In Memorian ao productor de cine venezolano José Sousa, fallecido hai dous anos, e que recollerá a súa filla Ana Patricia Sousa Salazar. Nesta gala actuará o grupo carballiñés 4Malquartet Jazz e ao rematar haberá unha degustación de produtos ourensáns.
Ademáis das proxeccións destaca o Concurso CurtasoPrima, así como o taller de animación en stop motion para nenos que impartirá Fernando Cortizo, e o taller da directora de cine Anxos Fazáns.
O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, agredeceu a colaboración da Deputación, Consellería de Cultura, Fundación Carlos Velo, festival OUFF Ourense, da CRTVG, e do Foro Xociviga, entre outros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
ABASTECIMIENTO DE AGUA
Laza pide el cierre de presas durante el riesgo de incendios