UN PROYECTO DE VIDA
Oseira, motor turístico para la hostelería de Cea y Piñor
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia notificou a Ecoloxistas en Acción que a empresa Recursos Minerales de Galicia S.L., filial do grupo SAMCA e titular do permiso de investigación “Alberta 1”, vén de desistir do recurso contencioso-administrativo polo que demandara á Xunta logo de que a administración galega resolvera arquivar o seu proxecto de explotación de litio nas Serras do Suído e Seixo, que afectaba aos concellos de Beariz, Forcarei, Avión e Cerdedo-Cotobade.
Non obstante, desde a organización ecoloxista alertan que esta victoria é apenas temporal, xa que a empresa mineira xa está ultimando a documentación doutro proxecto co que iniciará de novo o procedemento para a concesión de explotación. Advirten que estarán atentos para evitar os atropelos do anterior trámite, no que se lles impediu o personamento aos distintos colectivos ecoloxistas. Isto propiciou que a organización ecoloxista denunciara directamente aos cargos responsables polo penal.
“Desta volta realizáronse as advertencias oportunas, pero a continuidade na obstaculización da participación pública levará a accións xudiciais contra as propias funcionarias”, avisan desde Ecoloxistas en Acción.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN PROYECTO DE VIDA
Oseira, motor turístico para la hostelería de Cea y Piñor
COMENZAR DE NUEVO
Ana Rodríguez, una carballiñesa nominada al Premio Mujer Rural Galicia
ESCASEZ DE MÉDICOS
La sanidad agita el pleno municipal de Carballiño
FORMACIONES PRÁCTICAS
Carballiño forma nuevos monitores de tiempo libre