FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
PLAZO ABERTO
A Concellería de Cultura do Concello do Carballiño vén de informar que as escolas municipais de danza e teatro comenzarán o novo curso o vindeiro día 1 de outubro. O prazo para inscribirse comezou este xoves, e permanecerá dispoñible ata o remate de tódalas prazas dispoñibles, se ben tódalas aulas teñen un número máximo de alumnos. No caso de non acadarse un mínimo, a actividade poderá ser suspendida.
A escola de teatro municipal conta este novo curso con tres grupos, infantil (de 6 a 12 anos), iniciación e perfeccionamento (a partir dos 13 anos), con 15 prazas cada un deles.
Pola súa banda, a escola de danza ofrece un total de catro actividades distintas, con 20 prazas cada unha: zumba, ritmos latinos, pilates e funky, que ten dous grupos, un para nenos de 5 a 7 anos, e outro de 8 anos en adiante.
O impreso de inscrición está dispoñible no departamento de Cultura, no segundo andar do Concello, e con el cómpre recoller o recibo do importe da matrícula no servizo de Recadación. A inscrición ten un prezo único para teatro e para danza, 14,92 euros. As mensualidades son de 11,59 euros, agás para as clases de funky, que terán un coste de 21,60 euros ao mes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último