Espazo Común demanda ampliar o túnel de Rapariz en Carballiño
PROXECTO DE AMPLIACIÓN
Espazo Común presentará unha moción no próximo pleno para instar ao goberno municipal a acometer o proxecto de ampliación do túnel de Rapariz, nos Catro Camiños, “que permitiría cubrir as vías do tren e gañar así unha gran cantidade de terreo nunha das zonas de maior crecemento poboacional do Carballiño”.
Lembran que a súa construción xa foi autorizada polo ADIF dende o ano 2009 e dende o 2010 existe xa un proxecto redactado. “Só é necesario que o Concello o saque do caixón e se poña mans á obra para a súa execución”, apuntan.
Espazo Común considera que é un proxecto fundamental, “xa que os pequenos parques situados a ambos lados da estrada chegarían a unha superficie de 5.000 metros cadrados, permitindo ubicar zonas verdes, un gran parque infantil e zonas de ocio, incluso novas prazas de aparcamento. Sería tamén unha mellora para as rúas Testeiro, Serrá Martiñá e Bos Aires, que experimentarían un cambio urbanístico de grandes proporcións en lugar dun parcheado”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DAÑOS EN VEHÍCULOS
Investigan el lanzamiento de piedras a coches desde un puente de la OU-504
DECIMOSEXTA EDICIÓN
Aspectos a tener en cuenta en el Rally do Lacón
URBANISMO Y MEJORAS
Carballiño avanza en su plan de mejora de limpieza de rúas
Lo último