FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
INFRAESTRUCTURAS
O grupo municipal Espazo Común do Carballiño defenderá no próximo pleno unha moción para que se constrúan as beirarrúas entre as localidades de Partovia e o Porto de Eguas. Afirman os concelleiros que é esta unha vella demanda dos veciños da zona que xa merece ser atendida dunha vez pois trátase dun área moi transitada na que o perigo para os peóns é patente.
“Estamos a falar dunha estrada de titularidade autonómica, a OU-208, que neste tramo é case toda unha recta polo que a velocidade dos vehículos, en moitos casos, é moi superior á aconsellable. Namentres os viandantes vense obrigados a circular polo mesmo firme ante a ausencia total de ningunha outra opción”, sinalan.
Por iso, este grupo da oposición considera que “é tempo de atender esta necesidade por parte das administracións implicadas”, e engade que “dende Espazo Común si que cremos no rural e en dar todo o apoio posible ás familias que deciden vivir nel. Non basta con cambiar unha farola de vez en cando e un bombardeo de fotos recalcando o obvio, cómpre buscar inversións, cómpre dar calidade de vida”.
O alcalde, Francisco Fumega, consciente desta necesidade, asegura que “estamos traballando coa Xunta porque esa estrada é autonómica. Hai tres anos que lle fixemos a solicitude e esperamos que se fagan”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último