Estudantes do Chamoso fan un documental sobre A Veracruz
Despois de algo máis de dous anos de traballo, entre rodaxes, montaxe e edición, o equipo de audiovisuais do IES Chamoso Lamas vai estrear o seu documental sobre o templo da Veracruz, titulado "Pedra a pedra". Trátase dunha curta documental (24 minutos de duración) realizada por un equipo de alumnos e profesores do instituto, que leva xa varios anos traballando no audiovisual e sacando proxectos adiante como a curta documental "Sons no Camiño" ou o DVD de entrevistas no libro sobre o comercio local feito pola asociación fotográfica Potiños.
A proxección de estrea realizarase dentro do propio templo da Veracruz o próximo 28 de xullo. Faranse dous pases, un ás 22,00 e outro ás 23,00 horas, para facicilitar que todas as persoas interesadas a poidan ver, xa que o aforo estará reducido a 50 prazas por pase, por motivos de seguridade sanitaria e tamén de condicións de visionado. A entrada é totalmente gratuíta e poderanse recoller as invitacións na parroquia do Carballiño ata completar o aforo. Será necesario o emprego de mascarilla durante todo o acto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
INVERSIÓN EXTRANJERA
SAIC recibe su "primera autorización" para la instalación de su planta en Ferrol
ESTACIONES METEOROLÓGICAS
Ourense concentra las cinco temperaturas más bajas de Galicia: todas por debajo de cero grados