A Garda civil identifica a dous ecoloxistas que piden investigar a canceira carballiñesa
Axentes da Garda Civil e da Policía Local retiraron onte unha pancarta da Praza Maior do Carballiño na que se pedía a convocatoria da comisión de investigación da canceira municipal e identificaron a dous ecoloxistas que protago-nizaban a protesta, ademais de rexistrar o vehículo dun deles.
Xulio González, voceiro do colectivo Matar por matar non, e Bernardo García, concelleiro do BNG en Carballiño e membro da asociación ecoloxista Adega, foron identificados onte pola Gar-da Civil e a Policía Local.
Os axentes tamén retiraron unha pancarta co lema Comisión de investigación xa que tiñan colocada nas escaleiras de acceso á Praza Maior, fronte á Casa do Concello. Ademais, rexistraron o vehículo que Xulio González tiña estacionado na rúa Aldara, no que se mostran fotografías de animais que suposta-mente morreron na canceira municipal.
Bernardo García apuntou que isto é unha persecución en toda regla, xa que nós o único que solicitamos é que o alcalde, Carlos Montes, convoque dunha vez a comisión acordada polo pleno da Corporación para investigar a desaparición de máis dun cento de cans nas instalacións de A Medela.
Xulio González, pola súa ban-da, indicou que esta actitude é desproporcionada por parte das forzas de seguridade, xa que aquí apareceron un cabo e tres axentes da Policía Local, dous cabos e dous números da Garda Civil e outro do Seprona.A Garda Civil identifica a dous ecoloxistas que piden investigar a canceira carballiñesa
Catro denuncias pola morte de cans
A creación dunha comisión municipal para investiga-la morte de máis de 70 animais na canceira do Carballiño foi aprobada nun pleno extraordinario da Corporación o pasado 26 de marzo, a instancias do BNG. Nembargantes, a primeria xuntanza aínda non foi convocada polo alcalde, o socialista Carlos Montes, a pesares de que tanto o grupo nacionalista coma o popular xa teñen designados os seus catro representantes. Mentres, o Servicio de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil abriu un expediente tras inspeccionar a canceira e presentou ata catro denuncias contra o Concello carballiñés ante a Delegación provincial de Medio Ambiente pola situación ilegal das instalacións de A Medela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
Julia Navarro
Madres, padres
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 21 de agosto