O goberno do Carballiño reúnese cos empresarios
O grupo de goberno do Carballiño mantivo onte dúas reunións con representantes do sector do comercio e da hostalería co obxectivo de perfilar as axudas e a folla de ruta a seguir de cara a colaborar na reactivación da economía local. Así mesmo, está previsto que se reúna hoxe con representantes do sector empresarial da Área Industrial do Carballiño.
Neste primeiro encontro acordouse establecer os criterios para elaborar as bases das axudas municipais para estes sectores, así como para as necesidades máis apremiantes que teñen de cara á apertura e comprimento da normativa. Ademais, terán a súa disposición un número de teléfono e un correo electrónico para atender as consultas relativas ás aperturas e normativa da desescalada tras o confinamento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último