Gonzalo Caballero pide votar con "coherencia" nas investiduras municipais
politica
O líder dos socialistas galegos chama ás diferentes forzas políticas a manter os mensaxes transmitidos en campaña electoral
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este xoves O Carballiño, onde estivo acompañado polo alcalde da vila, Francisco Fumega. O líder dos socialistas galegos criticou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pola súa insistencia en que debe gobernar a lista máis votada. "Feijóo está pensando no seu, pero nós queremos falar da cidadanía", recalcou Gonzalo Caballero.
En canto ás negociacións para as investiduras do vindeiro sábado, Caballero pediu "coherencia" ás diferentes formacións políticas para votar en consecuencia cos mensaxes transmitidos durante a campaña electoral. O líder dos socialistas destacou o caso da cidade de Ourense, onde os socialistas "plantexamos a necesidade de pasar páxina tras catro anos de ineficacia" e, por iso, “presentamos o mellor candidato e gañamos as eleccións", sinalou Gonzalo Caballero.
No actual escenario no que os votos socialistas non son suficientes para determinar o goberno, “outras forzas terán que decidir que queren facer” tras anos “criticando a Baltar”.
O CARBALLIÑO
Caballero aproveitou para destacar o "compromiso" do alcalde de Carballiño, Francisco Fumega, que volveu acadar "unha maioría absoluta clara e rotunda" nos comicios municipais. Neste senso, Fumega agradeceu aos veciños a “confianza” recibida nas urnas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga