Iago Fariñas anuncia a súa renuncia como concelleiro do PSdeG no Irixo
POLÍTICA MUNICIPAL
O concelleiro socialista presentou este mércores a súa renuncia como edil do Concello de O Irixo
Tras dez anos como conselleiro do PSdeG, Iago Fariñas renuncia e asume a súa responsabilidade nos conflictos xurdidos tras a moción de censura con Xuntos polo Irixo. O concelleiro socialista di que asume así a súa responsabilidade ante os conflictos xurdidos dende que o PSdeG asinou a moción de censura con Xuntos polo Irixo que levou a Susana Iglesias á alcaldia do Concello.
“Entendo que me equivoquei apoiando a esta persoa para ser alcaldesa porque creo que non é unha boa persoa, polo que presentarei na tarde de hoxe a miña dimisión como concelleiro da corporación municipal do Irixo despois dos últimos dez anos”, dixo.
“O único que podo facer e agradecer a veciñanza que me deu o seu apoio, os meus compañeiros de equipo e candidatura, e a miña compañeira Rosa, coa que estes últimos dez anos percorremos todos os pobos do Irixo, presentamos mais dun cento de propostas aos plenos do Concello”.
“As culpas non son sempre dunha soa persoa, asumo a miña responsabilidade, me gustaría saber qué responsabilidade van asumir os demais. Creo que os proxectos se constrúen de abaixo para arriba, non de arriba para abaixo. Esto iba de cogobernar, non de mandar”, dixo en alusión a Susana Iglesias.
Iago Fariñas levaba 10 anos exercendo como concelleiro socialista na corporación municipal deste concello. No 2023 asinou xunto a outra concelleira socialista e os tres representantes do grupo Xuntos Polo Irixo unha moción de censura que desaloxou da alcaldía a Manuel Cerdeira "Lito", do PP.
Ao pouco tempo comezaron os enfrontamentos no propio grupo de Xuntos, no que Juan Manuel Villanueva desmarcouse da alcaldesa, votando en contra dos orzamentos e mesmo retirandolle o soldo e competencias delegadas por parte da corporación, a iniciativa do Partido Popular.
Tras a renuncia de Fariñas quedará a concelleira Rosa Dalama e entrará a seguinte na lista do PSdeG, María Dolores Fariñas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
EN LA AUDIENCIA PROVINCIAL
A juicio, el funcionario de Xinzo acusado de ser el cerebro de una narcobanda
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
SUBESTACIÓN DEL BARBAÑA
Un elevado “peaje” eléctrico en la Alameda de Ourense