José Corbacho y Pablo Carbonell estarán na terceira tempada de monólogos de Carballiño
CULTURA
O ciclo comezará o 3 de decembro de 2017 e rematará o 12 de maio do 2018
Seis humoristas de ámbito nacional, entre eles un galego, conforman o cartel da terceira tempada do ciclo de monólogos "Carballiño Comedy", que se desenvolverá no Auditorio Manuel María do Carballiño desde o 3 de decembro ao 12 de maio. Trátase de Miguel Lago, El Sevilla, Pablo Carbonell, Antípolez, José Corbacho e Carlos Blanco. O programa foi presentado polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e os representantes de MoitaMerda Promocións, Juan Quintela e Lito Caballero.
Miguel Lago abrirá o ciclo o domingo, 3 de decembro, ás 20,00 horas. O seu espectáculo "Que no salga de aquí" é estrea en Galicia. O 13 de xaneiro, ás 21,00 horas, actuará El Sevilla, e Pablo Carbonell está previsto para o 3 de febreiro, ás 21,00 horas, con un monólogo baseado na súa vida, e que tamén será estrea en Galicia. O 25 de marzo, ás 20,00 horas, será a quenda de Antílopez, que foi cualificado como a gran sorpresa do humor a nivel nacional. José Corbacho estará no auditorio o 21 de abril, ás 21,00 horas, e finalmente, Carlos Blanco pechará o ciclo o sábado, 21 de maio á mesma hora. As entradas están á venda nos restaurantes A Fuchela e Comonacasa, ao prezo de 10 euros, ou a través de woutick.es, a 11 euros, e na taquilla o día dos espectáculos, a 13 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
EL FUEGO ALCANZA LA VEGETACIÓN
Galería | Arde un autobús con 63 pasajeros en la AG-53 a su paso por San Cristovo de Cea, en fotos