ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
XUNTOS POLO NADAL
A Consellería de Política Social e Igualdade organiza o programa Xuntos polo Nadal, de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado a persoas que teñan os 60 anos cumpridos e que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu conxuxe ou por outras circunstancias. Ofértanse un total de 270 prazas, das cales 130 son na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Ourense; e 140 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes de Pontevedra e Lugo.
Este programa levarase a cabo entre o día 24 de decembro de 2024 e o 7 de xaneiro de 2025. No caso de quedar prazas sen adxudicar, valorarase dar media quenda (de 24 de decembro de 2024 ao 30 de decembro de 2024, ou de 31 de decembro de 2024 ao 7 de xaneiro de 2025).
A estancia é de 15 días e inclúe aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa. Só se autorizará o aloxamento en habitacións individuais previo informe médico. Tamén desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique; ademais de ctividades de animación sociocultural.
As solicitudes poden presentarse ata o 25 de novembro (incluído).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
64 AÑOS DE HISTORIA
La Festa do Pulpo unirá Carballiño y Lanzarote
OTERO PEDRAYO
Homenaxe á Xeración Nós na Insua dos Poetas
Lo último